Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Luns, 27 de xaneiro de 2003 Páx. 999

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TOÉN

ANUNCIO de licitación.

Por decreto da Alcaldía, do 14 de xaneiro de 2003, préstase aprobación ó prego de cláusulas administrativas que rexerán o procedemento para a adquisición da subministración que se indica, o que se expón ó público polo prazo de oito día hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP e no DOG, compútandose para efectos de prazos a última publicación de ambas, para que poidan presentar reclamacións aqueles que se consideren interesados.

Simultaneamente anunciarase o concurso, aínda que se aprazará canto resulte necesario de presentanser reclamacións ó prego.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Toén; r/ Ribadela, 1, 32930 Toén (Ourense).

2. Obxecto do contrato: adquisición, mediante concurso, dunha pa retroescavadora con destino ó concello, conforme o prego de cláusulas administrativas aprobado por esta alcaldía, que lle será entregada ó Concello de Toén no prazo de sete días a partir do asinamento do contrato.

3. Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Tipo de licitación: 60.655 A, IVE e demais tributos incluídos.

5. Garantías.

Provisional: non se esixe.

Definitiva: 4% do tipo de licitación.

6. Obtención de información e documentación: no Concello de Toén; r/ Ribadela, 1, 32930 Toén (Ourense). Teléfono 988 26 10 74. Fax 988 26 12 72.

7. Requisitos xerais do contratista: sinalados no prego de condicións administrativas: solvencia económica, financeira e solvencia técnica e profesional.

8. Presentación de proposicións.

a) Prazo e lugar: no rexistro xeral do Concello de Toén, durante os 15 días naturais desde o seguinte ó da publicación deste anuncio no último dos boletíns no que apareza (BOP ou DOG), das 9 ás 14 horas de luns a venres.

b) Documentación que hai que presentar: constará de dous sobres pechados A e B, que conterán a documentación sinalada na cláusula IX do prego de condicións administrativas particulares, denominados:

Sobre A): proposicións económicas para participar no concurso de subministración dunha pa retrocargadora ó Concello de Toén.

Sobre B): documentación administrativa para participar no concurso da subministración dunha pa retrocargadora ó Concello de Toén.

9. Apertura de ofertas: ás trece horas do segundo día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentacións de proposicións; considerase para este caso inhábil o sábado.

10. Pregos de condicións: están no concello á disposición dos interesados.

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Toén, 14 de xaneiro de 2003.

O alcalde

Rubricado