Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Luns, 27 de xaneiro de 2003 Páx. 996

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CAMPO LAMEIRO

ANUNCIO de información pública.

O Concello Pleno, en sesión de data 10 de outubro de 2002, aprobou inicialmente o segundo proxecto de modificación das normas subsidiarias do Concello de Campo Lameiro, afectando a parcela de titularidade municipal, situada en Veigas de San Miguel, en solo urbano, coa finalidade de proceder á construcción de vivendas unifamiliares de protección oficial, con establecemento dunha nova ordenanza na dita parcela, ordenanza 3 B de solo urbano, para a promoción pública de vivendas unifamiliares.

En cumprimento do establecido no artigo 42.1º da Lei 1/1997, do solo de Galicia, sométese o expediente a información pública por prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para os efectos de que se poidan formula-las alegacións que se consideren oportunas, mediante escrito que se presentará no rexistro xeral do concello.

Campo Lameiro, 20 de decembro de 2002.

Julio Sayáns Bugallo

Alcalde