Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Luns, 27 de xaneiro de 2003 Páx. 996

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CELANOVA

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, na sesión do 13 de xaneiro de 2003, en relación co recurso de reposición interposto por Amadino Pereira Fernández, actuando en nome e representación de Senén Nóvoa Fernández e Amalia Pérez Vilanova, contra a aprobación definitiva do proxecto de compensación da UE-1 do PXOU de Celanova, acordou o seguinte:

Primeiro.-Estimar parcialmente o recurso de reposición interposto por Amadino Pereira Fernández en nome e representación de Senén Nóvoa Fernández e Amalia Pérez Vilanova contra o proxecto de compensación da UE-1, recoñecendo exclusivamente a existencia de cerramentos e plantacións omitidas (25 m.l. de cerramento con tea metálica; 3 m de muro de perpiaño, 7 ud. de postes de pedra, 8 ud.

de plantas de xardín, 4 ud. de árbore froteira grande, 5 ud. de árbore madeirable nova e 8 ud. de árbores madeirables grandes), cuantificando a indemnización polos devanditos cerramentos e plantacións na suma de 1.318 euros.

Segundo.-Confirmar e convalida-la aprobación definitiva do proxecto de compensación da UE-1, redactado polo arquitecto superior Miguel Ángel Calvo Salve, acordado pola comisión en sesión do 18 de novembro de 2002 coas rectificacións que se derivan da estimación parcial do recurso de reposición, previstas no anexo incorporado polo redactor do proxecto a instancia da xunta de compensación, con notificación persoal ós propietarios dos terreos sitos na UE-1.

O presente anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da LRXPAC para aqueles propietarios ou interesados directamente afectados que non puideran ser notificados persoalmente.

Celanova, 14 de xaneiro de 2003.

O alcalde

Rubricado