Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Luns, 27 de xaneiro de 2003 Páx. 993

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 17 de decembro de 2002, da Área Provincial de Pontevedra, pola que se lle notifica ó interesado a proposta de resolución do órgano instructor da Sección de Inspección e Sancións de Pontevedra, acordada en expediente sancionador (ES-P-012/2002).

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro) intentada a notificación persoal no último enderezo coñecido do interesado, sen que esta se puidese practicar, notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo a proposta de resolución dictada con data do 20 de setembro de 2002 polo órgano instructor do procedemento sancionador ES-P-012/02, na que se propón a inexistencia de infracción administrativa e, en consecuencia, de responsabilidade de José Doval Obelleiro con arquivo das actuacións da vivenda de promoción pública identificada como expediente PO-93/501 cta. 43, que lle foi adxudicada.

Consonte co artigo 19, en relación co artigo 3 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, o interesado dispón dun prazo de quince días que se contarán a partir do seguinte ó da publicación desta proposta de resolución, para formular alegacións e presenta-los documentos e informacións que estime pertinentes.

Igualmente, comunícaselle que, a partir deste momento, poderá acceder ó contido do expediente depositado nestas dependencias (r/ Alcalde Hevia, número 7, Pontevedra), podendo obter copias dos documentos que constan nel.

Expido, asino e selo esta cédula en Pontevedra, 17 de decembro de 2002.

Andrés Iglesias López

Xefe da Área Provincial de Pontevedra

ANEXO

Interesado: José Doval Obelleiro.

Último enderezo coñecido: Polígono de Torneiros, fase III, nº 22, ptal. 1, 4º A, O Porriño, Pontevedra.

Indicación do contido do acto que se notifica: proposta de resolución do órgano instructor de data 20 de setembro de 2002, na que se declara a inexistencia de infracción administrativa de responsabilidade de José Doval Obelleiro con arquivo das actuacións, vivenda identificada co núm. de expediente: PO-93/501 cta. 43.