Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Luns, 27 de xaneiro de 2003 Páx. 993

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 31 de decembro de 2002, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso público aberto, de subministración sucesiva, polo trámite de urxencia, anticipado do gasto, para a adquisición de mobiliario de hospitalización para diversos hospitais da Comunidade Autónoma de Galicia. (SCS.-06/2003) (7 lotes).

1. Nome e enderezo do servicio: Servicio Galego de Saúde/Sergas-Servicio de Equipamentos (División Xeral de Recursos Económicos). Edificio administrativo San Lázaro, 2ª planta en Santiago de Compostela. Teléfonos 981 54 27 66, 981 54 27 68, 981 54 73 87. Fax 981 54 27 62. Enderezo Internet: www.sergas.es.

2. Modalidade de adxudicación: procedemento aberto, concurso público, subministración sucesiva, polo trámite de urxencia.

3.a) Lugar de entrega da subministración: hospitais da Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Natureza e cantidade dos productos que se deban subministrar: adquisición de equipamento de mobiliario de hospitalización. (7 lotes).

Orzamento total: dous millóns setenta mil oitocentos dezaoito euros, IVE incluído (2.070.818 euros). Desagrégase en dúas anualidades, para o ano:

2003: 300.697 euros.

2004: 1.770.121 euros.

LoteDescriciónAnualidade 2003Anualidade 2004

1Camas hospitalización xeral174.8251.050.615

2Camas unidades especiais10.80021.600

3Mesas de noite e atril32.550191.580

4Cadeira de brazos de doente ergonómica51.615287.370

5Bañeira portátil027.500

6Equipamento aseos hospitalización21.947139.456

7Cortina separación doentes8.96052.000

c) Indicacións relativas á posibilidade de que os subministradores liciten por partes e/ou polo conxunto das subministracións requiridas: cada licitador poderá presentar proposicións individuais por unicamente algún dos lotes da subministración e/ou proposicións agrupadas de varios lotes, ata un máximo de tres (oferta base máis 2 variantes).

4. Prazo de entrega desde a petición: máximo 60 días.

5.a) Nome e enderezo do servicio ó que poden solicita-los documentos pertinentes: ver punto 1.

b) Data límite para efectuar esta solicitude:

6.a) Data límite de recepción das ofertas: 25 de febreiro de 2003.

b) Enderezo ó que deben dirixirse: ver punto 1.

c) Lingua ou linguas nas que deban redactarse: castelán ou galego.

7.a) Persoas admitidas a asistir á apertura das ofertas: apertura en acto público.

b) Data, hora e lugar da antedita apertura: terá lugar na Consellería de Sanidade/Sergas edificio administrativo San Lázaro, 2º andar, a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo da presentación de ofertas. No caso de que o antedito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte: 10 de marzo de 2003.

8. Fianzas e garantías esixidas: a garantía provisional é do 2% do importe da licitación. Ver no punto 9 da folla de especificacións do prego tipo de cláusulas administrativas particulares.

9. Modalidades esenciais de financiamento e pagamento e/ou referencias ós textos que as regulan: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Forma xurídica que deberá adopta-la agrupación de provedores: ver artigo 24 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

11. Informacións e formalidades necesarias para a evaliación das condicións mínimas de carácter económico e técnico que deberá reuni-lo provedor: ver puntos 14 e 15 da folla de especificacións do prego tipo de cláusulas administrativas particulares.

12. Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: ata o 31 de decembro de 2004.

13. Criterios que seguirán para adxudica-lo contrato: os establecidos no punto 10 da folla de especificacións do prego tipo de cláusulas administrativas particulares.

14. Se é o caso, prohibición das variantes: admítense variantes.

15. Información complementaria: os anuncios deste concurso serán por conta do adxudicatario.

16. Data da publicación no DOCE do anuncio de información previa: 11 de febreiro de 2002.

17. Data de envío do anuncio: 20 de xaneiro de 2003.

18. Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas (reservado á OPOCE).

Santiago de Compostela, 31 de decembro de 2002.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos Económicos