Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Luns, 27 de xaneiro de 2003 Páx. 985

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de novembro de 2002 pola que se aproba a ampliación do Plan Eólico Estratéxico presentado pola empresa Norvento, S.L. denominado P.E.E. Norvento.

Examinado o expediente instruído por instancias de Norvento, S.L. con enderezo para efectos de notificacións en r/ Ribadeo, 2 entreplanta. 27002 Lugo, sobre aprobación de modificación do P.E.E. Norvento; esta consellería ten en conta os seguientes:

Antecedentes de feito.

Primeiro.-Con data 25 de outubro de 2001, Pablo Fernández Castro, no nome e representación de Norvento, S.L., solicitou a aprobación da ampliación do Plan Eólico Estratéxico denominado P.E.E. Norvento, achegando a documentación establecida para o efecto polo Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo

que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, todo iso en virtude do disposto na disposición transitoria segunda da Orde do 31 de xaneiro de 2002.

Segundo.-A petición de aprobación de ampliación do plan eólico estratéxico someteuse a información pública por Resolución do 4 de febreiro do 2002, para os efectos previstos no artigo 5 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo cal se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia. A devandita resolución foi publicada no Boletín Oficial del Estado do 26 de febreiro do 2002, e no Diario Oficial de Galicia do 1 de marzo do mesmo ano.

As características principais da ampliación do P.E.E. Norvento que foron sometidas a información pública son:

Nº áreaNomeProvinciaConcellosXy

1Cerrollano 1LugoLourenzá,

Trabada

1

2

3

4

0.641.000

0.643.170

0.645.594

0.642.000

4.814.000

4.814.000

4.808.000

4.808.000

2Cerrollano 2LugoTrabada,

Lourenzá,

A Pontenova,

Riotorto,

Mondoñedo

1

2

3

4

5

0.639.000

0.645.594

0.646.000

0.646.000

0.639.000

4.808.000

4.808.000

4.807.000

4.802.000

4.802.000

3MondigoLugoTrabada,

Barreiros,

Ribadeo

1

2

3

4

5

6

7

8

0.643.186

0.648.700

0.648.700

0.652.000

0.652.000

0.647.620

0.643.640

0.643.160

4.820.000

4.820.000

4.822.000

4.822.000

4.814.000

4.812.815

4.812.815

4.814.000

4FradesLugoA Pontenova,

A Fonsagrada

1

2

3

4

5

6

7

8

9

10

11

0.652.690

0.652.726

0.653.874

0.653.992

0.654.345

0.654.797

0.655.168

0.655.376

0.655.339

0.654.770

0.653.800

4.796.785

4.797.543

4.796.856

4.796.522

4.796.179

4.795.989

4.795.953

4.796.016

4.794.552

4.794.561

4.794.500

5Chao do VentorrilloLugoA Fonsagrada1

2

3

4

5

6

7

8

9

10

11

0.657.200

0.656.200

0.656.100

0.655.650

0.655.750

0.656.400

0.657.050

0.656.550

0.657.000

0.657.350

0.658.450

4.788.100

4.791.850

4.794.550

4.794.550

4.796.000

4.796.450

4.795.550

4.792.800

4.791.000

4.790.000

4.788.800

6A GrañaLugoA Pontenova,

A Fonsagrada

1

2

3

4

5

6

7

8

0.649.875

0.651.469

0.651.773

0.652.360

0.653.540

0.654.190

0.648.777

0.649.020

4.791.017

4.791.129

4.793.274

4.793.960

4.793.870

4.792.230

4.787.624

4.790.070

Nº áreaNomeProvinciaConcellosXy

7Coruxeiras 2 FaseLugoMuras,

Ourol

1

2

3

4

5

6

7

8

9

10

0.607.450

0.609.760

0.609.760

0.610.720

0.610.720

0.608.000

0.607.450

0.608.200

0.608.200

0.607.450

4.819.750

4.819.750

4.817.640

4.817.600

4.812.000

4.812.000

4.814.200

4.815.450

4.818.700

4.818.700

8SasdónigasLugoMondoñedo,

Abadín

1

2

3

4

5

6

7

8

9

10

11

0.626.000

0.625.700

0.627.082

0.629.220

0.630.994

0.631.000

0.629.500

0.628.000

0.626.400

0.626.400

0.626.000

4.808.450

4.807.900

4.806.391

4.806.001

4.807.045

4.807.650

4.807.450

4.809.000

4.809.000

4.808.800

4.808.450

9NedaLugoA Pastoriza,

Abadín

1

2

3

4

0.624.780

0.629.230

0.629.600

0.624.960

4.800.640

4.801.500

4.800.000

4.799.700

10CarracedoLugoA Pastoriza1

2

3

4

0.636.300

0.636.550

0.637.190

0.635.460

4.804.050

4.803.190

4.802.630

4.802.890

Durante o prazo de información pública presentouse a seguinte solicitude en competencia formulada por:

1) Ankaria Consulting, S.L.

2) Totalfina Eólica, S.A.

Así como as seguintes alegacións:

1) Sinae Energía y Medioambiente, S.A., que alega superposición de áreas.

2) Cupire Padesa, S.A., que alega superposición con áreas de investigación mineira.

3) Emeterio Vega Rodríguez, que alega superposición con áreas de investigación mineira.

Terceiro.-Os servicios técnicos da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas emitiron informe avaliando a viabilidade do plan nas diferentes áreas de estudio solicitadas, co fin de resolve-los diferentes plans estratéxicos en competencia, seguindo os seguintes criterios de avaliación:

-Viabilidade do plan tecnolóxico industrial e previsións de desenvolvemento.

-Investimentos previstos e tempo de execución del.

-Capacidade técnica e financeira do promotor.

-Achegas e efectos industriais, socioeconómicos, tecnolóxicos e ambientais do plan.

-Desenvolvementos vinculados a terreos e concellos afectados.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-A Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia é competente para resolver este

expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro, e o Decreto 15/2002, do 24 de xaneiro, polo cal se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, en relación co Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, a Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, o Decreto 205/1995, do 6 de xullo, así como o disposto na disposición transitoria segunda do Decreto 302/2001, do 25 de outubro, polo cal se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo.-Ante o gran número de solicitudes presentadas, e en tramitación paralela, de aprobación do Plan Eólico Estratéxico, os criterios seguidos de forma xeral para a adxudicación ou non das áreas asignadas foron os expostos no fundamento de feito terceiro, téndose en conta a limitación existente desde o punto de vista de infraestructuras en canto á Rede de Transporte de Enerxía Eléctrica, o que supón que soamente se poidan satisfacer aquelas solicitudes que cumpran de forma máis completa os criterios de adxudicación formulados.

Terceiro.-Con respecto ás alegacións referidas ás posibles superposicións das áreas publicadas con outras pertencentes a plans eólicos xa aprobados, débese sinalar que en modo ningún se vulnerarán na aprobación de calquera novo plan os dereitos adquiridos polos titulares dun plan anterior no tempo, polo que en todo caso a área solicitada ou non

se lle concedería ou se adecuaría nas súas coordenadas para que esa superposición desaparecese.

Cuarto.-No referido á superposición con zonas susceptibles de seren explotadas por medio de explotacións mineiras débese sinalar que a dita probabilidade non ten porque necesariamente facer incompatibles os dous tipos de proxectos, circunstancia que, en todo caso, se resolvería no momento en que existise esa colisión, xa que non pode ser decidido de forma apriorística.

Quinto.-No que se refire ás alegacións realizadas discutindo a ausencia de requisitos mínimos na publicación do plan débese indicar que a publicación reúne os requisitos esixidos no artigo 5 do Decreto 205/1995, de aplicación a este procedemento, resultando por outro lado chocante que as ditas alegacións veñan expostas pola Asociación Eólica de Galicia e polas empresas con plan eólico en vigor, cando para a aprobación dos plans das empresas adscritas a esa asociación e dos das empresas alegantes se seguiu o mesmo procedemento e cos mesmos condicionantes que agora intentan refutar.

Sexto.-Non existe por outro lado incoherencia ningunha coa planificación enerxética. A Xunta de Galicia ten como horizonte acada-los 4.000 MW eólicos no ano 2010; para chegar a esta meta consideráse que o instrumento principal, como vén sendo ata agora, son os plans eólicos empresariales (denominados estratéxicos na anterior nomenclatura do Decreto 205/1995), e é a través deles e dunha planificación periódica anual, respectando sempre os compromisos adquiridos, como se tenta chegar ós fitos antes expostos.

Sétimo.-Á vista dos plans presentados en competencia, o informe técnico realizado e do resto de documentación que consta no expediente, queda de manifesto que se deben excluír certas áreas solicitadas, debido á adxudicación de determinadas zonas a outros promotores seguindo criterios de planificación enerxética e desenvolvemento das infraestructuras enerxéticas ou debido á súa inviabilidade. Por outro lado a determinación espacial das áreas aprobadas debe ter en conta o disposto na modificación do Plan Sectorial Eólico de Galicia, en tramitación nestes momentos, polo que se deben adapta-las coordenadas das distintas áreas ó reflectido nel, tamén se toma en consideración para a autorización do plan a incidencia que ten o plan industrial da devandita empresa que se detalla no anexo II, na estructura socioeconómica da Comunidade autonómica de Galicia, sendo esta circunstancia un dos motivos prioritarios para a autorización recollidos no artigo 7 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo.

Oitavo.-Do exposto extráese como consecuencia, que a ampliación do plan solicitada non pode ser concedida na extensión requirida pola peticionaria, e en consecuencia, que se debe conceder á empresa Norvento, S.L. autorización para realiza-las investigacións nas áreas relacionadas no anexo I.

Deste xeito, o Plan Eólico Estratéxico amplíase a 3 áreas, cunha potencia autorizada de 50 MW.

Noveno.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios

Esta consellería, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

-Aproba-la ampliación do plan eólico estratéxico P.E.E. Norvento, referido ás áreas relacionadas no anexo I da presente resolución, coa previsión de aumento de potencia en 50 MW.

A presente resolución comporta o outorgamento do dereito de investigación nas áreas de referencia, así como o dereito preferente, nas devanditas áreas, á autorización das instalacións de aproveitamento de enerxía eólica, conforme o sinalado no artigo 8 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo. Nembargantes, o desenvolvemento dos parques eólicos derivados destas áreas compatibilizarase coa posible inclusión de parques eólicos singulares nelas.

A aprobación da ampliación do plan eólico estratéxico vincula a Administración e Norvento, S.L. sen prexuízo das futuras resolucións que se adopten para o suposto de non exerce-lo dereito preferencial previsto no artigo 8 do devandito Decreto 205/1995, do 6 de xullo.

A aprobación da ampliación do plan eólico estratéxico outórgase consonte as seguintes condicións:

Primeira: Norvento, S.L. comezará a execución do plan industrial no prazo de seis meses a partir da aprobación deste plan estratéxico, debendo executa-la formulación nas condicións sinaladas no anexo I da presente resolución, agás imposibilidades técnicas ou causa de forza maior debidamente xustificada.

En calquera momento poderá a Administración solicita-la documentación que estime pertinente co obxecto de verifica-lo cumprimento do establecido neste punto.

Segunda: a ampliación do plan eólico estratéxico ou o incumprimento das condicións impostas nesta resolución e na autorización para a montaxe das instalacións será causa de resolución da presente aprobación.

Nembargantes, se por alteración substancial das circunstancias ou por causas sobrevidas, non fose axeitado o mantemento dalgunha ou dalgunhas das instalacións previstas no plan eólico estratéxico que se aproba, a empresa poderá solicitar da Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia:

1. Autorización para a modificación ou substitución das actuacións, sen altera-las restantes condicións do plan eólico estratéxico.

2. A aprobación dun novo plan eólico estratéxico para novas instalacións, se a importancia dos investimentos así o xustifican, tendo en conta sempre os dereitos que terceiros interesados poidan ter.

Terceira: Norvento, S.L. deberá presentar un informe trimestral á Consellería de Industria e Comercio que conterá os seguintes puntos:

-Datos eólicos obtidos nas áreas de investigación.

-Investimentos feitos e previstos.

-Operacións feitas con empresas galegas.

-Emprego xerado.

-Participación de entidades galegas.

-Norvento, S.L., así mesmo, deberá remiti-los datos que se esixan na orde que desenvolve o sistema informático de captación e procesamento dos datos enerxéticos de Galicia (SICABDE), nos parámetros e forma en que veña determinado.

Cuarta: a empresa Norvento, S.L., participará na execución do plan industrial que teñan aprobados os tecnólogos seleccionados. En todo caso, a porcentaxe de compoñentes fabricados en Galicia será o comprometido polos tecnólogos. A selección dos tecnólogos deberá contar coa autorización da Dirección Xeral de Industria.

Quinta: a empresa Norvento, S.L. poderá transferir en calquera momento os dereitos dimanantes da presente aprobación logo de autorización da Dirección Xeral de Industria, subrogándose o novo titular en tódalas obrigas e dereitos do transmitente derivados do plan eólico aprobado.

Sexta: o presente plan eólico apróbase sen prexuízo de terceiros, deixando a salvo os dereitos particulares e independentemente das autorizacións, licencias ou permisos de competencia municipal ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións de aproveitamento eólico.

Contra a presente resolución, que é definitiva en vía administrativa, poderá interpoñer, recurso potestativo de reposición, ante esta consellería, no prazo dun mes desde o día seguinte ó da súa notificación, de acordo co establecido no artigo 116.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, ó abeiro do disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contenciosa-administrativa, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que estimen procedente.

Santiago de Compostela, 20 de novembro de 2002.

P.D. (Orde 20-12-2001, DOG nº 250, do 28 de decembro)

Jesús Vázquez San Luis

Sercretario xeral da Consellería de Industria

e Comercio

ANEXO 1

Relación de áreas do P.E. estratéxico

Nº áreaNomeProvinciaConcellosXy

1Coruxeiras 2LugoMuras1

2

3

4

5

6

7

8

9

10

11

12

13

608.200

610.000,28

610.720

610.420

610.420

609.920

609.920

608.720

608.420

608.420

608.000

607.600

607.450

4.815.450

4.815.414.28

4.812.952

4.812.952

4.812.252

4.812.252

4.812.000

4.812.000

4.812.300

4.813.100

4.813.600

4.813.600

4.814.200

2CerrollanoLugoLourenzá,

Trabada,

Mondoñedo,

Barreiros,

Riotorto,

A Pontenova

1

2

3

4

5

6

7

8

9

10

0.641.000

0.643.160

0.646.000

0.646.000

0.643.000

0.643.000

0.639.000

0.639.000

0.642.000

0.641.000

4.814.000

4.814.000

4.807.000

4.804.500

4.804.500

4.802.000

4.802.000

4.808.000

4.808.000

4.814.000

3Frades-Chao do Ventorrillo (Zona 1)LugoA Fonsagrada,

A Pontenova

1

2

3

4

5

6

7

8

9

10

11

12

0.652.726

0.653.874

0.653.992

0.654.345

0.654.797

0.655.168

0.655.376

0.655.339

0.654.750

0.654.750

0.652.796,64

0.652.690

4.797.543

4.796.856

4.796.522

4.796.179

4.795.989

4.795.953

4.796.016

4.794.552

4.794.559,74

4.795.500

4.796.565,47

4.796.785

Nº áreaNomeProvinciaConcellosXy

Frades-Chao do Ventorrillo (Zona 2)1

2

3

4

5

6

7

8

656.280,63

656.569,56

657.050,00

656.550,00

656.164,81

656.100,00

655.650,00

655.750,00

4.796.357,90

4.796.215,23

4.795.550,00

4.792.800,00

4.792.800,00

4.794.550,00

4.794.550,00

4.796.000,00

Potencia eólica estimada das áreas que se van estudiar: 50 MW.

ANEXO II

Documento de síntese

-Plan eólico estratéxico.

A modificación do plan eólico estratéxico terá unha duración ata o ano 2010 e suporá un investimento global estimado de 60.000.000 de euros.

-Plan de investigación eólica.

A empresa Norvento, S.L. realizará a investigación de 3 áreas facendo un investimento total de 36.000 euros, un investimento medio de 12.000 euros/área.

Co obxecto de coordina-los resultados da investigación co resto de plans eólicos estratéxicos aprobados, a empresa Norvento, S.L. usará como entidade colaboradora para a investigación ó Instituto Enerxético de Galicia (Inega).

-Plan industrial.

A empresa Norvento, S.L. colaborará na implantación e desenvolvemento do Plan de Fomento da Enerxía Solar que executará a Consellería de Industria e Comercio a través do Inega.

As súas achegas realizaranse da seguinte forma:

-3.000 euros/MW autorizado nesta resolución, achegaranse ó plan antes da finalización de 2003.

-Anualmente achegarase unha cantidade equivalente ó 0,5% da facturación dos parques eólicos que se poñan en funcionamento en desenvolvemento do plan.

Estas actuacións poderán ser substituídas por outras equivalentes relacionadas coa fabricación de paneis solares que realizará o promotor en instalacións radicadas na Comunidade Autónoma galega.