Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Luns, 27 de xaneiro de 2003 Páx. 984

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 9 de decembro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/499-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Eléctrica Los Molinos, S.L.

Domicilio social: Igrexa, 14, 36820 Ponte Caldelas.

Denominación: L.M.T. de C.T. 2, 3 e 5 ó C.T. Instituto.

Situación: concello de Ponte Caldelas.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea, a 20 kV, de 930 m de lonxitude, con conductor R.H.Z.1, desde a L.M.T. existente que alimenta os CC.TT. 2, 3 e 5 ata o C.T. existente denominado Instituto, no concello de Ponte Caldelas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 9 de decembro de 2002.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra