Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Luns, 27 de xaneiro de 2003 Páx. 984

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 5 de decembro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/494-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: trav. de Vigo, 204, El Troncal, 36207 Vigo.

Denominación: L.M.T. e C.T. praia Cesantes.

Situación: Concello de Redondela.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea, a 15 kV, de 148 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde a L.M.T. PSY 7.02, no apoio onde está instalado o C.T. a retirar Lazareto, ata o C.T. que se proxecta na praia de Cesantes, no concello de Redondela, de 250 kVA, R/T 15 kV-380/220 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 5 de decembro de 2002.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra