Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Luns, 27 de xaneiro de 2003 Páx. 983

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 11 de decembro de 2002, do Servicio Provincial de Transportes de Pontevedra, pola que se notifican as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente PO-00881-O-2002 e catro máis).

Por medio desta cédula notifícanselles ós denunciados, cos datos e último enderezo coñecido que se sinalan no anexo, as resolucións sancionadoras dictadas polo delegado provincial da CPTOPV de Pontevedra, recaídas nos expedientes sancionadores que se citan no anexo.

Fáiselles saber que as ditas resolucións non esgotan a vía administrativa, e que poden interpoñer recurso de alzada ante a directora xeral de Transportes dentro do prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación desta cédula. Transcorridos tres meses desde a interposición de recurso sen que se notifique a súa resolución, entenderase desestimado e quedará expedita a vía procedente.

En caso de conformidade con estas resolucións, deberán facer efectiva a multa no prazo de 15 días hábiles, mediante ingreso que deben efectuar en calquera oficina do BBVA, transacción 1316, NIF S1511001H, clave 390005 e, de non facelo así, procederase ó seu cobramento pola vía de constrinximento.

Para que conste, lles sirva de notificación ós citados denunciados, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula en Pontevedra o 11 de decembro de 2002.

Mª Cruz Tomé Navas

Xefe do Servicio Provincial de Transportes

de Pontevedra

ANEXO

-Expediente-Matrícula-Denunciante-Denunciado-Último enderezo coñecido-Feito denunciado-Data-Hora-Estrada-p.k.-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

PO-00881-O-2002

PO-6839-AF

G.C. de Tráfico

Javier Besada Pereira

Areas Regueiro, 36

36711 Tui (Pontevedra)

Circular efectuando un transporte de vacún en cantidade de 10 canais, carecendo da autorización regulamentaria do vehículo sinalado. Servicio privado.

9-4-2002; 8.30; PO-340; 0,500

Art. 103 Lei 16/1987

art. 158 R.D. 1211/1990

Art. 143 Lei 16/1987

art. 201 R.D. 1211/1990

150 euros

PO-01160-O-2002

PO-5328-AU

G.C. de Tráfico

Antonio Moliner y Asociados S.L.

Xeneral Mola, 34.

36900 Marín (Pontevedra)

Circular transportando material de venda en tendas Todo a cen, carecendo da tarxeta de transportes. Servicio privado complementario.

7-3-2002; 11.5; C-550; 122

Art. 103 Lei 16/1987

art. 158 R.D. 1211/1990

Art. 143 Lei 16/1987

art. 201 R.D. 1211/1990

150 euros

PO-01576-O-2002

4477-BPL

G.C. de Tráfico

Jorge Ribeiro Álvarez

Corvillón, Cortiñas 15,

36634 Cambados (Pontevedra)

Circular transportando portas de madeira e un compresor (200 kg aprox.), carecendo de autorización de transportes. Servicio privado.

2-5-2002; 9.45; C-550; 24

Art. 103 Lei 16/1987

art. 158 R.D. 1211/1990

Art. 143 Lei 16/1987

art. 201 R.D. 1211/1990

150 euros

PO-03959-O-2001

PO-7629-BJ

G.C. de Tráfico

José Luis Núñez Iglesias

Jenaro de la Fuente, 16-2

Vigo (Pontevedra)

Transportar pranchas de euralita, carecendo de tarxeta de transportes. Servicio privado. Vehículo lixeiro. O Servicio Provincial de Transportes comprobou que é un vehículo de aluguer sen conductor, cun contrato de arrendamento por unha duración inferior a un mes, polo que a tarxeta da que carecía o vehículo é a tarxeta da empresa arrendadora, a cal se debería levar a bordo do vehículo.

20-9-2001; 10.10.39; N120; 647

Art. 23 O.M. 20-7-1995 (BOE do 2 de agosto)Art. 143 Lei 16/1987

art. 201 R.D. 1211/1990

30 euros

PO-04511-O-2001

PO-4811-AZ

G.C. de Tráfico

Exclusivas Joyma S.L.

Camoeiras, Pereiras 68, 36419 Mos (Pontevedra)

Circular transportando mostraxe de reloxos e marcos de cadros, carecendo da tarxeta de transportes. Carece de distintivos de raio de acción. Servicio privado.

27-11-2001; 23.45; N-550; 132.300

Art. 103 Lei 16/1987

art. 158 R.D. 1211/1990

Art. 143 Lei 16/1987

art. 201 R.D. 1211/1990

150 euros