Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Luns, 27 de xaneiro de 2003 Páx. 958

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ORDE do 17 de xaneiro de 2003 pola que se actualizan os ficheiros automatizados de datos de carácter persoal existentes na Consellería de Industria e Comercio e se procede á creación do ficheiro automatizado de datos de carácter persoal correspondente ó Rexistro de Organizacións de Consumidores e Usuarios de Galicia.

A Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro (BOE nº 298, do 14 de decembro), regula o tratamento de datos de carácter persoal rexistrados en soportes físicos, así como o uso posterior destes datos polos sectores público e privado.

A finalidade desta regulación é protexe-los dereitos fundamentais das persoas físicas e especialmente o seu honor e intimidade, tanto persoal como familiar.

No seu artigo 20.1º dispón que a creación, modificación ou supresión dos ficheiros das administracións públicas só poderá facerse por medio dunha disposición xeral publicada no BOE ou no diario oficial correspondente.

En consecuencia, en virtude das facultades que me confire o artigo 34.6º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta de Galicia e do seu presidente, modificada parcialmente pola Lei 11/1998, do 20 de outubro,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Obxecto.

Mediante a presente orde, a Consellería de Industria e Comercio actualiza os ficheiros automatizados de datos de carácter persoal creados mediante orde de 1 de febreiro de 2002, e crea o ficheiro automatizado de datos de carácter persoal correspondente ó rexistro de organizacións de consumidores e usuarios de Galicia, relacionándose todos eles no anexo.

Artigo 2º.-Contido.

A información esixida no artigo 20.2º da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal para as disposicións de creación de ficheiros, está contida no anexo desta orde, en cada un dos ficheiros creados.

Artigo 3º.-Finalidade e usos dos ficheiros.

Os datos de carácter persoal rexistrados nos ficheiros automatizados da Consellería de Industria e Comercio, creados pola presente orde só serán utilizados para os fins expresamente previstos no anexo e por persoal debidamente autorizado.

Artigo 4º.-Cesión de datos.

No suposto de cesión de datos ás administracións públicas haberá que se ater ó disposto na normativa vixente na materia.

Artigo 5º.-Órgano responsable da seguridade dos ficheiros.

Será responsable da seguridade dos ficheiros a Secretaría Xeral da Consellería de Industria e Comercio.

Artigo 6º.-Medidas de seguridade.

As medidas de seguridade dos ficheiros, e en función do nivel en que estes se clasifican, están especificadas no correspondente documento de seguridade.

Disposición derrogatoria

Quedan derrogadas cantas disposicions de igual ou inferior rango se opoñan ó disposto nesta orde.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 2003.

Juan Rodríguez Yuste

Conselleiro de Industria e Comercio

ANEXO

1. Sistema de arbitraxe e consumo (Sar).

Finalidade.

Xestiona-las reclamacións pola vía da arbitraxe de consumo.

Usos previstos.

Tramitación dos procedementos en materia de arbitraxe.

Colectivo sobre os que se pretende obter datos de carácter persoal.

Persoas que presenten unha reclamación e que soliciten a súa resolución pola vía do arbitraxe.

Procedemento de recollida de datos.

Reclamacións e actas de inspección.

Estructura básica.

Base de datos.

Tipos de datos.

De carácter identificativo: nome, DNI, enderezo e teléfono.

Datos do procedemento: laudos arbitrais.

Cesións previstas.

Ningunha.

Órganos da Administración responsables do ficheiro.

Consellería de Industria e Comercio; Instituto Galego de Consumo.

Servicio ou unidade ante a que se pode exerce-lo dereito de acceso, rectificación, cancelación e oposición de datos que constan no ficheiro.

Instituto Galego de Consumo.

Nivel de seguridade.

Baixo.

2. Sistema automatizado de consumo (Saco).

Finalidade.

Xestión das reclamacións, expedientes de actuacións, sancións administrativas na área de información ó consumidor.

Usos previstos.

Xestión, consultas e elaboración de informes, tanto estatísticos como de xestión.

Colectivo sobre os que se pretende obter datos de carácter persoal.

Persoas que presenten unha reclamación o realicen unha consulta sobre algún tema de consumo.

Procedemento de recollida de datos.

Follas de reclamacións, actas de inspección e consultas telefónicas.

Estructura básica.

Base de datos.

Tipos de datos.

De carácter identificativo: nome, DNI, enderezo e teléfono.

Datos do procedemento sancionador: tipo de infracción, contía das sancións.

Cesións previstas.

Ningunha.

Órganos da Administración responsables do ficheiro.

Consellería de Industria e Comercio; Instituto Galego de Consumo.

Servicio ou unidade ante a que se pode exerce-lo dereito de acceso, rectificación, cancelación e oposición de datos que constan no ficheiro.

Instituto Galego de Consumo.

Nivel de seguridade.

Medio.

3. Rexistros de Establecementos Industriais de Galicia (Sri).

Finalidade.

Dispoñer de información das instalacións industriais, empresas e organismos de control, para promocionar, modernizar e mellora-la competividades das empresas.

Usos previstos.

Estatísticos e definición da política de actuación en materia industrial.

Control da seguridade industrial.

Colectivo sobre os que se pretende obter datos de carácter persoal.

Persoas que soliciten instalarse na Comunidade Autónoma.

Procedemento de recollida de datos.

Instancias normalizadas.

Estructura básica.

Base de datos.

Tipos de datos.

-De carácter identificativo: nome ou razón social, DNI ou CIF, enderezo e teléfono.

-Datos do establecemento: número de empregados, potencia instalada, instalacións e productos utilizados.

Cesións previstas.

Ministerio de Ciencia e Tecnoloxía.

Órganos da Administración responsables do ficheiro.

Consellería de Industria e Comercio; Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas.

Servicio ou unidade ante a que se pode exerce-lo dereito de acceso, rectificación, cancelación e oposición de datos que constan no ficheiro.

Dirección Xeral de Industria, Energía e Minas.

Nivel de seguridade.

Baixo.

4. Autorización ou modificación de instalacións radiaoctivas de 2ª e 3ª categoría.

Finalidade.

Inscrición no Rexistro de Autorizacións e Modificacións de Instalacións Radioactivas de 2ª e 3ª categoría.

Usos previstos.

Supervisión e control das instalacións radioactivas de 2ª e 3ª categoría.

Colectivo sobre os que se pretende obter datos de carácter persoal.

Empresas e persoas que soliciten a instalación dun aparello radioactivo.

Procedimiento de recollida de datos.

Instancias ou solicitudes normalizadas.

Estructura básica.

Base de datos.

Tipos de datos.

Rexistros:

-Data primeira autorización.

-Clausura (si/non). Data.

-Presentación memoria anual (si/non).

-Categoría.

-Referencia CSN (ira-nº/ano).

-Referencia (ir/c.lu.ou.po-nº/ano).

-Titular.

-Finalidade da instalación.

-Enderezo, localidade.

-Teléfono, fax.

-Datas das sucesivas modificacións.

-Referencia Consello Seguridade Nuclear.

-Observacións.

-Data presentación última memoria anual.

Cesiones previstas.

Ministerio de Economía; Consello de Seguridad Nuclear.

Órganos da Administración responsables do ficheiro.

Consellería de Industria e Comercio; Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas.

Servicio ou unidade ante a que se pode exerce-lo dereito de acceso, rectificación, cancelación e oposición de datos que constan no ficheiro.

Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas.

Nivel de seguridade.

Baixo.

5. Autorización de empresas de venda e asistencia técnica de equipos de raios X.

Finalidade.

Inscrición no Rexistro de Empresas de Venda e Asistencia Técnica de Equipos de Raios X Médicos e de Radiodiagnóstico Veterinario.

Usos previstos.

Supervisión e control das empresas rexistradas para tal fin na Comunidade Autónoma e mante-lo rexistro consonte do Ministerio de Economía.

Colectivo sobre os que se pretende obter datos de carácter persoal.

Empresas de venda de equipos de raios X.

Procedimiento de recollida de datos.

Instancias ou solicitudes normalizadas.

Estructura básica.

Base de datos.

Tipos de datos.

Rexistros:

-Referencia (v/vat/at-nº).

-Data de alta.

-Nome do titular ou propietario da clínica.

-Enderezo.

-Localidade.

-Número de equipos instalados.

-Documentación técnica dos equipos (modelo, serie, intensidade e voltaxe).

-Número rexistro Ministerio de Economía RXM-vat-nº.

Cesións previstas.

Ministerio de Economía; Consello de Seguridad Nuclear.

Órganos da Adminsitración responsable do ficheiro.

Consellería de Industria e Comercio; Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas.

Servicio ou unidade ante a que se pode exerce-lo dereito de acceso, rectificación, cancelación e oposición de datos que constan no ficheiro.

Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas.

Nivel de seguridade.

Baixo.

6. Rexistro de Vehículos Históricos.

Finalidade.

Inscrición no Rexistro de Vehículos Históricos de Galicia.

Usos previstos.

Estatísticos.

Colectivo sobre os que se pretende obter datos de carácter persoal.

Persoas propietarias dun vehículo histórico.

Procedemento de recolida de datos.

Instancias ou solicitudes normalizadas, xunto coa documentación xustificativa.

Estructura básica.

Base de datos.

Tipos de datos.

-De carácter identificativo: nº de expediente, data e nº de rexistro da resolución e da solicitude, nome ou razón social, DNI ou CIF, enderezo e teléfono de solicitante e propietario (se son diferentes).

-Datos do vehículo: marca, modelo, nº de chasis, matrícula, ano de fabricación, laboratorio, data e identificación do dictame do laboratorio, club de vehículos históricos, data do seu certificado, limitacións/exencións.

Cesións previstas.

Ningunha.

Órganos da Administración responsable do ficheiro.

Consellería de Industria e Comercio; Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas.

Servicio ou unidade ante a que se pode exerce-lo dereito de acceso, rectificación, cancelación e oposición de datos que constan no ficheiro.

Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas.

Nivel de seguridade.

Baixo.

7. Rexistro de Dereitos Mineiros Finalidade.

Rexistro dos dereitos mineiros da Comunidade Autónoma. Establece preferencias para o aproveitamento dos recursos minerais.

Usos previstos.

Estatísticos e de rexistro.

Colectivo sobre os que se pretende obter datos de carácter persoal.

Empresas ou persoas que solicitan un dereito mineiro.

Procedemento de recollida de datos.

Instancias coa presentación do proxecto.

Estructura básica.

Libro rexistro. Base de datos.

Tipos de datos.

-Número do dereito.

-Tipo de dereito.

-Nome do dereito.

-Data da solicitude.

-Titularidade:

-Nome da empresa.

-Enderezo.

-Recurso para o que se solicitou.

Cesións previstas.

Ministerio de Ciencia e Tecnoloxía; Ministerio de Economía.

Órganos da Administración responsables do ficheiro.

Consellería de Industria e Comercio; Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas.

Sercicio ou unidade ante a que se pode exer-lo dereito de acceso, rectificción, cancelación e oposición de datos que constan no ficheiro.

Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas.

Nivel de seguridade.

Baixo.

8. Rexistro de Directores Facultativos de Actividades Mineiras.

Finalidade.

Rexistro dos profesionais que realizan funcións de dirección facultativa en actividades mineiras. Seguimento das súas actuacións ó abeiro do Real decreto 863/1985, do 2 de abril, polo que se aproba o Regulamento xeral de normas básicas de seguridade mineira, dereitos mineiros da Comunidade Autónoma. Establece preferencias para o aproveitamento dos recursos minerais.

Usos previstos.

De rexistro e seguimento.

Colectivo sobre os que se pretende obter datos de carácter persoal.

Persoas que presentan unha solicitude para ser nomeados directores facultativos dun dereito mineiro ou para poder presentar proxectos técnicos na Administración, atendendo a normativa vixente de aplicación.

Procedemento de recollida de dastos.

Solicitude dos interesados.

Estructura básica.

Libro rexistro. Base de datos.

Tipos de datos.

-Do técnico:

Nome.

Titulación.

Residencia.

-Da actividade mineira:

Nome.

Cesiones previstas.

Ministerio de Ciencia e Tecnoloxía; Ministerio de Economía.

Órganos da Adminsitración responsable do ficheiro.

Consellería de Industria e Comercio; Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas.

Servicio ou unidade ante a que se pode exerce-lo dereito de acceso, rectificación, cancelación e oposición de datos que constan no ficheiro.

Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas.

Nivel de seguridade.

Baixo.

9. Rexistros de Talleres de vehículos Automóbiles.

Finalidade.

Inscrición no Rexistro de Talleres de Vehículos Automóbiles.

Usos previstos.

Estatísticos e supervisión e control dos talleres de vehículos automóbiles.

Colectivo sobre os que se pretende obter datos de carácter persoal.

Persoas o empresas que posúan un taller de vehículos.

Procedemento de recollida de datos.

Instancias normalizadas.

Estructura básica.

Base de datos.

Tipos de datos.

De carácter identificativo: nome ou razón social, DNI ou CIF, enderezo e teléfono, NRI.

Datos do establecemento: especialidade/s, número de empregados.

Cesións previstas.

Ningunha.

Órganos da Administración responsable do ficheiro.

Consellería de Industria e Comercio; Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas.

Servicio ou unidade ante a que se pode exerce-lo dereito de acceso modificación ou cancelación dos datos que constan no ficheiro.

Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas.

Nivel de seguridade.

Baixo.

10. Rexistro de Autorización Industriais.

Finalidade.

Rexistro de autorizacións de productos industriais.

Usos previstos.

Estatísticos.

Colectivo sobre os que se pretende obter datos de carácter persoal.

Empresas que se instalan en la Comunidad Autónoma de Galicia.

Procedemento de recollida de datos.

Instancias normalizadas.

Estructura básica.

Base de datos.

Tipos de dastos.

-De carácter identificativo: nome ou razón social, DNI ou CIF, enderezo e teléfono, NRI.

-Datos do establecemento: número de empregados acreditados e tipo de acreditación, póliza de seguros.

-Datos do producto: tipo do producto, modelo, nº do Rexistro de Control Metrolóxico, ensaios presentados (feitos en laboratorios acreditados/organismos de control).

Cesións previstas.

Ministerio de Ciencia e Tecnoloxía.

Órganos da Administración responsables do ficheiro.

Consellería de Industria e Comercio; Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas.

Servicio ou unidade ante a que se pode exer-lo dereito de acceso, rectificación, cancelación e oposición de datos que constan no ficheiro.

Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas.

Nivel de seguridade.

Baixo.

11. Rexistro de Expedición de Carnés Profesionais.

Finalidade.

Rexistro das expedicións de carnés profesionais.

Usos previstos.

Estatísticos.

Colectivo sobre os que se pretende obter datos de carácter persoal.

Persoas que realicen solicitudes de carnés profesionais de instalador.

Procedemento de recollida de datos.

Instancias normalizadas.

Estructura básica.

Base de datos.

Tipos de datos.

-De carácter identificativo: nome, DNI, enderezo e teléfono, titulación.

-Datos do carné: tipo de carné, data de expedición, última data de renovación, data de baixa, delegación expedidora, delegación(s) á(s) que estea asociado, empresa á que está asociado (nome ou razón social, DNI ou CIF, enderezo e teléfono, NRI).

Cesións previstas.

Ningunha.

Órganos da Administración responsables do ficheiro.

Consellería de Industria e Comercio; Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas.

Servicio ou unidade ante a que se pode exerce-lo dereito de acceso, rectificación, cancelación e oposición de datos que constan no ficheiro.

Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas.

Nivel de seguridade.

Baixo.

12. Rexistro de Empresas de Venda a Distancia.

Finalidade.

Inscribir empresas de venda a distancia da Comunidade Autónoma.

Usos previstos.

Elaborar estatísticas e informes e expedir certificaciones e números de identificación.

Colectivo sobre os que se pretende obter datos de carácter persoal.

Persoas que soliciten realizar esta actividade.

Procedemento de recollida de datos.

Instancias normalizadas.

Estructura básica.

Base de datos.

Tipos de datos.

-De carácter identificativo: nome, DNI, enderezo e teléfono, titulación.

-Datos da empresas: memoria explicativa de la actividade.

Cesións previstas.

Ningunha.

Órganos da Administración responsables do ficheiro.

Consellería de Industria e Consumo; Dirección Xeral de Comercio e Consumo.

Servicio ou unidade ante a que se pode exer-lo dereito de acceso, rectificación, cancelación e oposición de datos que constan no ficheiro.

Dirección Xeral de Comercio e Consumo.

Nivel de seguridade.

Baixo.

13. Rexistro de Franquiciadores.

Finalidade.

Rexistro das empresas de franquicia da Comunidade Autónoma.

Usos previstos.

Inscribir empresas, expedir certificacións, elaborar estatísticas e proporcionar ás CC.AA e interesados, información de carácter público relativa ós franquiciadores.

Colectivo sobre os que se pretende obter datos de carácter persoal.

Empresas que soliciten ser franquiciadas.

Procedemento de recollida de datos.

Instancias normalizadas.

Estructura básica.

Base de datos.

Tipos de datos.

-De carácter identificativo: nome, DNI, enderezo e teléfono, tipo de franquicia. Descrición do negocio obxecto da franquicia con indicación do número de establecemento cos que conta esta, denominación dos dereitos de propiedade intelectual.

Cesións previstas.

Ministerio de Economía, Secretaría de Estado de Comercio y Turismo.

Órganos da Administración responsables do ficheiro.

Consellería de Industria e Comercio; Dirección Xeral de Comercio e Consumo.

Servicio ou unidade ante a que se pode exer-lo dereito de acceso, rectificación, cancelación e oposición de datos que constan no ficheiro.

Dirección Xeral de Comercio e Consumo.

Nivel de seguridade.

Baixo.

14. Rexistro de Comerciantes Ambulantes de Galicia.

Finalidade.

Rexistro de tódalas persoas, físicas ou xurídicas, que exerzan habitualmente como propia a actividade de comercio ambulante na Comunidade Autónoma de Galicia.

Usos previstos.

Estatísticos, informativos e de ordenación da venda ambulante.

Colectivo sobre os que se pretende obter datos de carácter persoal.

Persoas o empresas que soliciten inscribir no registro de Comerciantes Ambulantes de Galicia.

Procedemento de recollida de datos.

Instancias normalizadas.

Estructura básica.

Base de datos.

Tipos de datos.

-De carácter identificativo: nome ou razón social, DNI/CIF e enderezo.

-Datos do procedemento: número de rexistro, datas de inscrición no rexistro e de expedición da tarxeta acreditativa, ámbito de actuación, modalidade de venda, epígrafe fiscal e tipo de productos obxecto de venda.

Cesións previstas.

Ministerio competente en materia de comercio, concellos e cámaras oficiais de comercio de Galicia.

Órganos da Administración responsables do ficheiro.

Consellería de Industria e Consumo; Dirección Xeral de Comercio e Consumo.

Servicio ou unidade ante a que se pode exerce-lo dereito de acceso, rectificación, cancelación e oposición de datos que constan no ficheiro.

Dirección Xeral de Comercio e Consumo.

Nivel de seguridade.

Baixo.

15. Rexistro de Organización de consumidores e Usuarios de Galicia.

Finalizade.

Base de datos que recolle o rexistro das organizacións de consumidores coa seguinte información: nome, domicilio e cargos dos titulares; número efectivo de socios, e datos destos, como nome, enderezo, teléfono e a cota que debe aboa-la asociación. O obxecto deste rexistro e a comprobación de requisitos para su alta no Rexistro das Organizacións de Consumidores e Usuarios de Galicia, segundo o Decreto 95/1984, do 24 de maio, do rexistro de organizacións de consumidores e usuarios de Galicia.

Usos previstos.

Procedemento administrativo.

Colectivo sobre os que se pretenden obter datos de carácter persoal.

Organizacións de consumidores e usuarios de Galicia.

Procedemento de recollida de datos.

Escritos tanto en soporte papel como electrónico das organizacións de consumidores e usuarios.

Estructura básica.

Base de datos.

Tipos de datos.

De carácter identificativo: nome ou razón social, enderezo, teléfono e cargos que ocupan.

Número efectivo de socios.

Nome, enderezo, teléfono e cuotas de la asociación.

Básico.