Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Venres, 24 de xaneiro de 2003 Páx. 951

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

COMPAÑÍA DE RADIO-TELEVISIÓN DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 13 de xaneiro de 2003 pola que se complementa a regulación dos ficheiros de tratamento automatizado de datos de carácter persoal da Compañía de Radio-Televisión de Galicia e das súas sociedades Radiotelevisión Galicia, S.A. e Televisión de Galicia, S.A.

A disposición adicional primeira da Lei orgánica 15/1999, de protección de datos de carácter persoal, establece o prazo legal para que as administracións públicas adopten as disposicións reguladoras dos ficheiros deste carácter xa existentes, conforme as disposicións da devandita lei orgánica.

Con data do 18 de xaneiro de 1996, esta dirección xeral dictou a Resolución 1/1996, publicada no Diario Oficial de Galicia do día 13 de marzo de 1996, pola que se regulan os ficheiros de tratamento automatizados de datos de carácter persoal da Compañía de Radio-Televisión de Galicia e as súas sociedades.

No punto segundo da devandita resolución establécese que nos responsables dos ficheiros automatizados de referencia adoptarán as medidas que resulten necesarias para asegurar que os datos automatizados de carácter persoal existentes se empregan para os fins para os que foron recollidos, que son os que se concretan nesta resolución.

Adoptadas estas medidas, de conformidade co artigo 20 da Lei orgánica 15/1999, de protección de datos de carácter persoal, fanse públicos os niveis das medidas de seguridade que se aplican nos devanditos ficheiros, publicados no anexo da devandita Resolución do 18 de xaneiro de 1996, e inscritos na Axencia de Protección de Datos baixo os códigos de inscrición seguintes: nº 1942711982, nº 1942711983, nº 1942711984, nº 1942711985, nº 1942711986, nº 1942711987 e nº 1942711988.

Na súa virtude,

RESOLVO:

Modifica-los ficheiros automatizados de datos de carácter persoal do ente público Compañía Radio-Televisión de Galicia e as súas sociedades (Televisión de Galicia, S.A. e Radiotelevisión Galicia, S.A.), publicados no anexo da resolución desta

dirección xeral do 18 de xaneiro de 1996, e inscritos no rexistro da Axencia de Protección de Datos baixo os números nº 1942711982, nº 1942711983, nº 1942711984, nº 1942711985, nº 1942711986, nº 1942711987 e nº 1942711988, no sentido de establece-la indicación do nivel das súas medidas de seguridade.

Respecto ós ficheiros inscritos baixo os números: 1942711983, 1942711984, 1942711985, 1942711986, 1942711987 e 1942711988, engádese a seguinte indicación:

Nivel de medidas de seguridade esixible: básico.

Respecto ó ficheiro inscrito no rexistro da Axencia de Protección de Datos, baixo o número 1942711982, engádese a seguinte indicación:

Nivel de medidas de seguridade esixible: alto.

Santiago de Compostela, 13 de xaneiro de 2003.

Francisco Campos Freire

Director xeral da Compañía de Radio-Televisión de Galicia