O Pleno do Concello de Vilaboa, na sesión do 27 de novembro de 2002, tomou coñecemento do avance do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Vilaboa e acordou abrir un período de información pública polo prazo dun mes, mediante anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia e nun diario dos de maior difusión da provincia.
Neste prazo as entidades e os particulares poderán suxeri-lo que estimen oportuno e presentar propostas
e convenios urbanísticos que estimen procedentes, de acordo co previsto no artigo 41 da Lei do solo de Galicia.
Vilaboa, 11 de decembro de 2002.
Francisco Xabier Míguez Santos
Alcalde