1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Concello de Silleda.
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: Servicio de Depuración de Augas Residuais, mediante a explotación, con
servación e mantemento da Estación Depuradora de Augas Residuais de Silleda (EDAR), situada en Ponte.
b) Lugar de execución: Silleda.
c) Prazo de duración da concesión do servicio: dez anos, podendo ser prorrogado. A duración total do contrato, incluídas prórrogas, non poderá exceder de 15 anos.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: urxente.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso.
4. Orzamento base de licitación.
Non se establece tipo de licitación, polo que os participantes no concurso proporán na súa oferta a retribución económica ou prezo que desexen percibir pola prestación dos seus servicios.
5. Garantía.
Provisional: 1.202,02 A.
6. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: Concello de Silleda.
b) Enderezo: rúa Xeneral Franco, 55.
c) Localidade e código postal: Silleda, 36540.
d) Teléfono: 986 58 00 00.
e) Telefax: 986 58 10 21.
f) Data límite de obtención de documentos e información: a de presentación de ofertas.
7. Requisitos específicos do contratista.
Establecidos na cláusula 6ª do prego.
8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.
a) Data límite de presentación: 13 días naturais seguintes ó da publicación do anuncio no BOP ou DOG (derradeira publicación).
b) Documentación que debe presentar.
-Xustificante de ter constituído a garantía provisional.
-Fotocopia compulsada do DNI da persoa que asine a proposición tanto se concorre á contratación como persoa individual, como no caso de que o faga no nome e representación dunha persoa xurídica.
-Fotocopia compulsada do CIF da empresa.
-Declaración responsable de non estar incurso a persoa física ou xurídica en ningunha das prohibicións para contratar coa Administración, aludindo expresamente á circunstancia de atoparse ó corrente do cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social.
-Xustificación da solvencia económica e financeira dos concorrentes por un ou varios dos medios sinalados no artigo 16 do TRLCAP.
-Xustificación da solvencia técnica conforme o artigo 19 da citada lei, ós que se deberá engadir, como requisito inexcusable, certificado expedido pola Administración competente que acredite ter desempeñado cumpridamente a prestación de servicios de explotación, conservación e mantemento de estacións depuradoras de augas residuais de máis de 2.000 habitantes.
-Copia da escritura de poder bastanteado polo secretario do concello se se actúa no nome e representación doutra persoa.
-No caso de persoas xurídicas, copia de escritura de constitución ou modificación se é o caso, inscrita no Rexistro Mercantil cando este requisito fora esixible conforme a lexislación mercantil. Se non o fora, a acreditación da capacidade de obrar realizarase mediante a escritura ou documento de constitución, estatutos ou acto fundacional, inscritos, se é o caso, no correspondente rexistro oficial.
c) Lugar de presentación: rexistro xeral do concello, en horario das 9 ás 14 horas en días hábiles.
9. Apertura de ofertas.
a) Ás doce horas do primeiro día hábil seguinte ó da finalización do prazo para presentar proposicións, agás sábados.
10. Gastos de anuncios.
Por conta do adxudicatario.
11. Outras informacións.
a) Criterios de adxudicación do concurso.
a.1) Oferta económica: ata un máximo de 12 puntos.
a.2) Melloras de obras: ata un máximo de 10 puntos.
a.3) Melloras dos servicios: ata un máximo de 8 puntos.
a.4) Plano de seguimento anual: ata un máximo de 5 puntos.
Silleda, 5 de decembro de 2002.
José Fernández Viéitez
Alcalde-presidente