En cumprimento da resolución da Alcaldía do 16-1-2003 e do disposto nos artigos 78 do R.D.L. 2/2000, do 16 de xuño, do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas e 326 da Lei 7/1997, do 22 de xullo, da Administración local
de Galicia, faise pública a licitación do seguinte contrato de prestación de servicios.
1. Obxecto: colaboración na explotación do vertedoiro de entullos de construcción e demolición municipal, e punto limpo de Ribadeo.
2. Tramitación: urxente.
3. Procedemento: aberto.
4. Sistema de adxudicación: concurso.
5. Tipo de licitación e financiamento: 24.040 euros/semestre, incluído IVE, con cargo á partida orzamentaria correspondente.
6. Prazo da operación: seis meses.
7. Fianza provisional: 2% do tipo de licitación.
8. Fianza definitiva: 4% do importe da adxudicación.
9. Presentación de ofertas: durante os 13 días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no DOG, cos requisitos do prego de condicións; presentaranse no rexistro do concello ou remitiranse por correo, comunicándoo, neste caso, mediante telegrama ou fax.
O prego de condicións económico-administrativas particulares está á disposición de tódolos contratistas interesados nas oficinas xerais do Concello de Ribadeo; praza de España nº 1, 27700 Ribadeo, Lugo. Teléfono: 982 12 86 50. Fax: 982 13 09 75; horario de atención ó público das 9 ás 14 horas, de luns a venres.
10. Modelo de proposición: o que figura como proposición económica, anexo I do prego de cláusulas administrativas particulares.
11. Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación no salón de sesións da Corporación, segundo o prego, ás 12 horas do día seguinte a aquel en que remate o prazo da presentación de plicas, agás que fose sábado ou festivo, neste caso trasladarase ó seguinte hábil.
Ribadeo, 16 de xaneiro de 2003.
José Carlos Rodríguez Andina
Alcalde