Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Venres, 24 de xaneiro de 2003 Páx. 952

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

INSTITUTO MUNICIPAL DOS DEPORTES-VIGO

ANUNCIO de concurso aberto para a contratación da subministración de gasóleo para as instalacións dependentes do organismo autónomo Instituto Municipal dos Deportes de Vigo.

1. Entidade que adxudica: organismo: Instituto Municipal dos Deportes de Vigo.

2. Obxecto do contrato: descrición: subministración de gasóleo tipo C para as instalacións de calefacción e producción de auga quente das diversas instalacións deportivas dependentes do Instituto Municipal dos Deportes.

Lugar de execución: Vigo.

Prazo: tres anos e prórroga por un ano máis.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

Tramitación: urxencia.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento: 525.000 euros.

5. Garantía provisional: 10.500 euros.

6. Obtención de documentación e información: Rexistro Xeral do Instituto Municipal dos Deportes de Vigo, avda. Castrelos, 1, 36210 Vigo, teléfono: 986 23 74 58. Fax: 986 29 10 41.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista:

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: artigos 16 e 19 R.D.L. 2/2000, do 16 de xuño.

8. Presentación das ofertas: prazo: ata o día 6 de marzo de 2003.

Documentación: a esixida na cláusula 10 do prego de condicións administrativas.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Prazo da obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día da apertura de proposicións.

Variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas: entidade, domicilio e localidade: terá lugar no Concello de Vigo, pza. do Rei, s/n, ante a mesa de contratación do Instituto Municipal dos Deportes.

Data e hora: 10 horas do primeiro día hábil seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas.

10. Gastos dos anuncios: pagaraos o adxudicatario ata un límite de 1.500 euros.

Vigo, 2 de xaneiro de 2003.

Santiago Domínguez Oliveira

Presidente do Instituto Municipal

dos Deportes de Vigo