Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Venres, 24 de xaneiro de 2003 Páx. 940

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 12 de decembro de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a notificación dos acordos de iniciación de expedientes sancionadores por infraccións en materia de espectáculos públicos que se citan. (Expediente LU-E 458/2002 e dez máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999 do 13 de xaneiro, notifícaselles ás persoas que no anexo se relacionan, ós que non se lle puido facer por correo certificado, os acordos de iniciación dictados nos expedientes de sanción, por infraccións en materia de espectáculos públicos, o seu número cítase no anexo.

Desígnase instructor do expediente o xefe do Servicio de Xustiza, Administración Local e Interior, Rafael López Charques e secretario o xefe de grupo Constantino Alvar Cabido, podendo ser recusados en calquera momento da tramitación do expediente, de darse algún suposto dos que determina o artigo 29 da Lei 30/1992.

O interesado disporá dun prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para poder examina-lo expediente no Servicio de Xustiza, Administración Local e Interior desta delegación provincial e para achegar por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou probas considere convenientes na defensa dos seus dereitos, podendo recoñecer voluntariamente a súa responsabilidade, tal como o establece o artigo 13 d) do Regulamento do procedemento para o exercicio

da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

No caso de que decida non efectuar alegacións no prazo indicado, este acordo de iniciación poderá ser considerado como proposta de resolución cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993, determinándose para estes efectos o importe da sanción.

Será competente para a imposición da sanción o delegado provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais en Lugo, segundo o establecido na Orde do 26 de setembro de 1996, da citada consellería (DOG do 30 de setembro).

Lugo, 12 de decembro de 2002.

Manuel Teijeiro Álvarez

Delegado provincial de Lugo

NomeDNI/CIFNº expedientePrecepto infrinxidoÚltimo domicilioPosible sanción

Mª Marta Fernández RodríguezX-2843645-WLU-E 458/200226-e) LO 1/1992R/ Rego de Foz 9, FozAta 300,51 euros

Santiago Fdez.-Noriega Fdez.33991877LU-E 422/200226-e) LO 1/1992Vivente Cociña 22, ViveiroAta 300,51 euros

Santiago Fdez.-Noriega Fdez.33991877LU-E 443/200226-e) LO 1/1992Vivente Cociña 22, ViveiroAta 300,51 euros

Mª José García Liz76569718LU-E 452/200226-e) LO 1/1992R/ Valdeflores 29, 3º, ViveiroAta 300,51 euros

Ulises Criado Paz33999059LU-E 416/200226-e) LO 1/1992Avda. de Lourdes 13, ViveiroAta 300,51 euros

Ulises Criado Paz33999059LU-E 415/200226-e) LO 1/1992Avda. de Lourdes 13, ViveiroAta 300,51 euros

Mª José García Liz76569718LU-E 423/200226-e) LO 1/1992R/ Valdeflores 29, 3º, ViveiroAta 300,51 euros

Ulises Criado Paz33999059LU-E 450/200226-e) LO 1/1992Avda. de Lourdes 13, ViveiroAta 300,51 euros

Mª José García Liz76569718LU-E 437/200226-e) LO 1/1992R/ Valdeflores 29, 3º, ViveiroAta 300,51 euros

Amable Conde Gayoso33828067LU-E 433/200223-o) en relación co 26-e) LO 1/1992Rua do Valiño 14, 3º A, LugoAta 1.803,04 euros e suspensión da licencia de apertura polo período de ata dous meses

Amable Conde Gayoso33828067LU-E 454/200223-o) en relación co 26-e) LO 1/1992Rúa do Valiño 14, 3º A, LugoAta 1.803,04 euros e suspensión da licencia de apertura polo período de ata dous meses