Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Venres, 24 de xaneiro de 2003 Páx. 940

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 12 de decembro de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a notificación da resolución do expediente sancionador LU-E 324/2002, por infracción en materia de espectáculos públicos.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico

das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselle ás persoas que de seguido se relacionan, a quen non se lles puido facer por correo certificado, as resolucións dictadas nos expedientes de sanción, por infraccións en materia de espectáculos públicos, que teñen o número que se cita a seguir:

Nome: Mª Mar Parapar Legaspi.

DNI/NIF: 33996468.

Nº de expediente: LU-E 324/2002.

Precepto infrinxido: 26 e) LO 1/1992.

Último domicilio: r/ Playa-Puerto, 20, Celeiro, Viveiro.

Sanción: 120 euros.

Contra estas resolucións poderá interpoñer o interesado recurso de alzada, perante o conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da súa notificación.

Advírtase que de non ser presentado este en tempo e forma deberá de aboa-la multa imposta no período de pagamento voluntario sinalado no boletín de multas e que pode recoller nas dependencias da delegación provincial da consellería, a favor do Tesouro da Facenda galega, na conta restrinxida que consta no devandito boletín, en calquera das oficinas da entidade bancaria Caixa Galicia, facendo consta-lo número do expediente sancionador. Transcorrido o dito prazo, procederase ó cobramento pola vía de constrinximento, de conformidade co establecido na disposición segunda da orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG do 5 de decembro).

Lugo, 12 de decembro de 2002.

Manuel Teijeiro Álvarez

Delegado provincial de Lugo