Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Venres, 24 de xaneiro de 2003 Páx. 941

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 13 de decembro de 2002, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai pública a modificación de estatutos da Asociación de Acuicultores Mejilloneros de Galicia (Acuimega).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral se presentou, a acta da asemblea da Asociación de Acuicultores Mejilloneros de Galicia (Acuimega), na que se reflicten entre outros o acordo relativo ó novo domicilio social da asociación, que queda fixado na rúa Luis A. Mestre, 2-3º D, O Grove (Pontevedra).

Santiago de Compostela, 13 de decembro de 2002.

Pilar Cancela Rodríguez

Directora xeral de Relacións Laborais