Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Venres, 24 de xaneiro de 2003 Páx. 933

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (544/2002).

Eu, Jaime Balado Yáñez, secretario do Xulgado do Social número dous da Coruña, dou fe e testemuño de que nos autos seguidos ante este xulgado tramitados co número 544/2002 contra as empresas Naviera Resmar, S.A. e Copeimex, S.L. sobre xubilación, dictouse a seguinte sentencia:

Sentencia. A Coruña, 11 de decembro de 2002.

Jorge Hay Alba, maxistrado-xuíz do social número dous desta cidade, viu os presentes autos de xuízo 544/2002, seguidos por instancia de Ramón Moscoso Pardo, maior de idade, asistido polo letrado Francisco Varela Míguez, contra o Instituto Social da Mariña, representado e asistido pola letrada Belén

Guerra Díaz, a Tesourería Xeral da Seguridade Social que non compareceu nos autos e as empresas Naviera Resmar, S.A. e Copeimex, S.L. que non compareceron nos autos, sendo o obxecto da reclamación de xubilación.

Seguen feitos e fundamentos xurídicos.

Decido que acepto a demanda interposta por Ramón Moscoso Pardo contra o Instituto Social da Mariña e as empresas Naviera Resmar, S.A. e Copeimex, S.L. e declaro que o actor ten dereito a percibir unha pensión do 100% da base reguladora de 1.128,05 euros cos efectos 20-9-2001, na contía e forma regulamentaria e cos incrementos, melloras e revalorizacións correspondentes, e condeno as entidades demandadas a estar pola devandita declaración e ó ISM a efectua-lo aboamento e a responsabilidade empresarial de Naviera Resmar, S.A. e Copeimex, S.L.

Notifíqueselles esta resolución ás partes ás que se fará saber que contra ela non cabe recurso ningún.

Así, por esta miña sentencia definitivamente xulgando en primeira instancia pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación ás empresas Naviera Resmar, S.A. e Copeimex, S.L. mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino na Coruña o 11 de decembro de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado