Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Venres, 24 de xaneiro de 2003 Páx. 932

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (496/2002).

Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña, fago saber que nos autos número 496/2002, seguidos pola instancia de Jesús Sanmiguel Alvariño e outros contra Informática y Comunicaciones, S.A. (Incosa) sobre salarios, a maxistrada-xuíza deste xulgado, Isabel Olmos

Parés, dictou sentencia na data do 6 de novembro de 2002, coa seguinte parte dispositiva:

«Que estimando a demanda presentada por Jesús Alvariño y José Pájaro Pérez, debo declarar e declaro o dereito dos demandantes a percibi-la cantidade de 2.140,15 euros e 2.192,29 euros en concepto de salarios e diferencias salariais.

Notifíqueselles esta sentencia ás partes, ás que se fará saber que, en contra da dita resolución, cabe o recurso de suplicación, que deberá de anunciarse perante este xulgado no prazo de cinco días, contados desde a notificación desta sentencia, por comparecencia, ou por escrito das partes, o seu avogado ou representante legal, designando ó letrado que deberá de presentalo, é posible o anuncio por mera manifestación daquela ó ser notificada, e que será resolto, se é o caso, e cumpridos os trámites legais, pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. A empresa condenada deberá, así mesmo, acreditar ó anuncia-lo recurso ter consignado o importe da condena na conta de consignacións deste xulgado aberta no BBV, conta nº 5602-60, e que pode substituírse polo aseguramento mediante aval bancario, constando a responsabilidade solidaria do avalista, máis outra cantidade de 150,25 euros na mesma conta e en calidade de depósito nun impreso separado ó do importe da condena.

Así, por esta miña sentencia, o pronuncio,o mando e o asino».

E para que lle sirva de notificación a Informática y Comunicaciones, S.A. (Incosa) que tivo o seu último enderezo coñecido no polígono de Pocomaco, parcela A-2, nave 1, A Coruña, e que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña, o 13 de decembro de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado