Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Xoves, 23 de xaneiro de 2003 Páx. 896

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SARRIA

EDICTO.

De conformidade co prego de cláusulas económico-administrativas particulares e de prescricións técnicas aprobados pola Comisión de Goberno, en sesión ordinaria que tivo lugar o día 17 de decembro de 2002, o Concello de Sarria convoca a seguinte licitación:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Sarria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

2. Obxecto do contrato:

Descrición: a subministración e instalación da maquinaria destinada á modernización da liña de sacrificio de porcino no matadoiro comarcal de Sarria.

b) Prazo de entrega e instalación: catro meses (4).

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 255.520,96 euros. Inclúense o IVE e demais gastos especificados no prego.

5. Garantías:

Provisional: 2% do prezo de licitación.

Definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Concello de Sarria.

b) Domicilio: rúa Maior, 14.

c) Localidade e código postal: 27600 Sarria.

d) Teléfono: 982 53 50 00.

e) Fax: 982 53 09 16.

7. Data límite de obtención de documentación e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

8. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación de proposicións: quince (15) días naturais, contados a partir do día seguinte ó da última publicación da licitación no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que integrará as ofertas: a especificada nos pregos de cláusulas económico-administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello de Sarria, rúa Maior, 14, 27600 Sarria.

9. Apertura das ofertas económicas: o terceiro día hábil seguinte ó da realización do acto de cualificación da documentación que terá lugar pola súa vez, o terceiro día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións (agás que coincidise en sábado), ás 13.30 horas, na casa do concello, rúa Maior, 14.

10. Gastos de anuncios: serán por conta do contratista adxudicatario.

Sarria, 9 de xaneiro de 2003.

Claudio Garrido Martínez

Alcalde