Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Xoves, 23 de xaneiro de 2003 Páx. 896

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE XINZO DE LIMIA

RESOLUCIÓN do 29 de novembro de 2002 relativa á convocatoria para prover un posto de subalterno.

O BOP de Ourense nº 285, do 13 de decembro de 2002, con erros corrixidos no nº 11, do 15 de xaneiro de 2003, publica integramente convocatoria de proceso selectivo para prover, mediante o sistema de concurso restrinxido, un posto de subalterno (alguacil-porteiro) vacante no cadro de persoal funcionario.

Os escritos solicitando tomar parte neste proceso selectivo poderán ser presentados durante o prazo de vinte días naturais seguintes a aquel en que a convocatoria apareza no BOE.

Xinzo de Limia, 17 de xaneiro de 2003.

José Antonio Feijó Alonso

Presidente