Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Xoves, 23 de xaneiro de 2003 Páx. 891

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 18 de decembro de 2002, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, pola que se fai pública a adxudicación correspondente ó expediente 17/2002.

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, en virtude das competencias que lle foron delegadas conforme o establecido na Orde do 14 de marzo de 2002 (DOG nº 66, do 5 de abril), da Consellería de Sanidade, en cumprimento do disposto no artigo 93.2º do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, resolve publica-la adxudicación da seguinte contratación:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.

b) Dependencia que tramita o expediente: contratación administrativa.

c) Número de expediente: 17/2002.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración dun sistema de análise de imaxes Typhoon 9410 para o laboratorio de investigación do CHUS.

c) Lote: único.

d) Boletín ou diario oficial e data da publicación do anuncio de licitación: DOG nº 215, do 7-11-2002.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación ou canon de explotación.

Importe total: 146.183,27 (euros).

5. Adxudicación.

a) Data: 10-12-2002.

b) Contratista: Amersham Biosciences Europe GMBH.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: 146.183,27 euros.

En cumprimento do previsto no artigo 58 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícase esta resolución que pon fin á vía administrativa, e que pode ser recorrida na vía contencioso-administrativa perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2002.

Javier Jiménez Ferreres

Xerente xeral do Complexo Hospitalario

Univesitario de Santiago de Compostela