Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Xoves, 23 de xaneiro de 2003 Páx. 891

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 2 de xaneiro de 2003, da Dirección Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia a licitación mediante procedemento aberto, por concurso público, trámite de urxencia, para a contratación do servicio de vixilancia de seguridade e mantemento do sistema anti-incendios, na sede da Dirección Provincial, r/ García Barbón 51 de Vigo. (Expediente CPA 1/2003).

José Manuel González Álvarez, director provincial do Servicio Galego de Saúde de Pontevedra en Vigo, en virtude das atribucións que lle confire o artigo 25.3º f), do Decreto 45/2002, do 8 de febreiro, polo que se establece a estructura orgánica do Servicio Galego de Saúde e no que se definen as competencias dos directores provinciais para actuar como órgano de contratación,

Resolvo: anuncia-la convocatoria do seguinte concurso público:

1. Entidade adxudicadora: a) Organismo: Dirección Provincial do Sergas de Pontevedra; b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica. c) Número de expediente: 1/2003.

2. Obxecto do contrato: a) Descrición: vixilancia de seguridade e mantemento do sistema anti-incendios. b) Lugar de execución: Dirección Provincial del Sergas, r/García Barbón, 51-Vigo. c) Prazo de execución: desde 1-1-2003 ata 31-12-2004.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: trámite de urxencia con expediente anticipado de gasto, por procedemento aberto e concurso público.

4. Orzamento base de licitación. Importe total: 92.000 euros. (Exercicio 2003 = 46.000 euros e 2004 = 46.000 euros).

5. Garantía provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información: a) Entidade: Dirección Provincial do Sergas (Sº Xestión Económica e Investimentos) - r/ García Barbón, 51 - 36201 Vigo - Teléfono: 986 81 41 52 - Telefax: 986 81 41 16, ou a través da páxina web do Sergas: http://www.sergas.es/contratación. b) Data límite de obtención de documentos e información: durante o prazo de presentación de proposicións en días e horas hábiles de oficina.

7. Requisitos específicos do contratista: clasificación: non se esixe.

8. Presentación de ofertas: a) Data límite de presentación: antes das 14 horas do oitavo día natural a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG. b) Documentación que hai que presentar: ver pregos de cláusulas. No caso de que estean inscritos no Rexistro de Contratistas, xuntarase grampado no exterior do sobre 1 o certificado do devandito rexistro. c) Lugar de presentación: Dirección Provincial do Sergas (rexistro xeral), r/García Barbón, 51-36201 Vigo.

9. Apertura das ofertas: a) Entidade: Dirección Provincial do Sergas, r/García Barbón, 51 - Vigo. b) Data: o sexto día natural contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que coincida en sábado o festivo, a apertura destas terá lugar no día hábil seguinte. c) Hora: 9.30.

10. Gastos de anuncios: o importe da publicación da presente resolución correrá a cargo do adxudicatario.

Vigo, 2 de xaneiro de 2003.

José Manuel González Álvarez

Director provincial de Pontevedra