Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Xoves, 23 de xaneiro de 2003 Páx. 889

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 3 de xaneiro de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia concurso, por procedemento aberto e trámite urxente, para proceder á contratación da subministración de productos de alimentación, limpeza e aseo para varios centros dependentes desta delegación provincial.

De conformidade coo establecido na Orde do 19 de decembro de 2001, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos da Consellería de Asuntos Sociais.

Esta delegación provincial de Asuntos Sociais, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anunciar concurso público por procedemento aberto e trámite urxente para proceder á contratación da subministración de productos de alimentación, limpeza e aseo para varios centros dependentes desta delegación provincial.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: delegación provincial de Asuntos Sociais.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica.

2. Obxecto da contratación.

a) Descrición do obxecto:

* Expediente nº 39: de subministración de productos de limpeza e aseo para o Centro de Atención a Minusválidos Psíquicos, sito no Barrio de Parada, 87 Chapela-Redondela.

-Orzamento base de licitación: 45.273 A (corenta e cinco mil douscentos setenta e tres euros euros).

-División por lotes e número: 10 partidas.

* Expediente nº 40: de subministración de productos de limpeza e aseo para a Residencia de Maiores Asistida de Vigo, sita en Monte Arierio s/n, Bembrive, Vigo.

-Orzamento base de licitación: 109.011,71 A (cento nove mil once euros con setenta e un céntimos).

-División por lotes e número: 10 partidas.

* Expediente nº 41: de subministración de productos alimenticios para o Centro de Atención a

Minusválidos Psíquicos, sito no Barrio de Parada, 87 Chapela-Redondela.

-Orzamento base de licitación: 127.718 A (cento vintesete mil setecentos dezaoito euros).

-División por lotes e número: 17 partidas.

* Expediente nº 42: de subministración de carnes, pescados, embutidos e verduras conxeladas para a Residencia de Maiores Asistida de Vigo, sita en Monte Arierio s/n, Bembrive, Vigo.

-Orzamento base de licitación: 213.532 A (douscentos trece mil cincocentos trinta e dous euros).

-División por lotes e número: 8 partidas.

* Expediente nº 43: de subministración de lácteos e derivados, pan e similares, aceites, conservas e varios para a Residencia de Maiores Asistida de Vigo, sita en Monte Arierio s/n, Bembrive, Vigo.

-Orzamento base de licitación: 185.590 A (cento oitenta e cinco mil cincocentos noventa euros).

-División por lotes e número: 10 partidas.

* Prazo de entrega: entregas parciais desde a data de formalización do contrato ata o 31 de decembro de 2003.

* Lugar da entrega: nos enderezos dos respectivos centros.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Garantías.

Provisional: non se esixe.

5. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Delegación Provincial de Asuntos Sociais de Pontevedra en Vigo.

b) Domicilio: rúa Concepción Arenal, nº 8-2ª planta.

c) Localidade e código postal: Vigo, 36201.

d) Teléfono: 986 81 76 31 e 986 81 72 13.

e) Fax: 986 81 72 01.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas. Tódolos días laborais, desde as 9 ás 14 horas.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

b) Solvencia económica e financeira e técnica e profesional: os licitadores acreditaranas en calquera das formas previstas na Lei de contratos das administracións públicas.

7. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: no prazo de 10 días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG. Se o último día do prazo é domingo ou festivo entenderase prorrogado ó primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que deberá presentar: ver prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación:

1º Entidade: Delegación Provincial de Asuntos Sociais de Pontevedra (no rexistro do edificio administrativo da Xunta de Galicia).

2º Domicilio: rúa Concepción Arenal nº 8.

3º Localidade e código postal: Vigo, código postal 36201.

d) Prazo durante o cal o licitador estará na obriga de mante-la súa oferta: 3 meses desde a data de apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: non se admitirán variantes ou alternativas á subministración obxecto do contrato.

8. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Delegación Provincial de Asuntos Sociais de Pontevedra.

b) Domicilio: rúa Concepción Arenal nº 8-2ª planta.

c) Localidade: Vigo.

d) Data: décimo día natural contado desde a finalización do prazo de presentación de ofertas. Se coincidise en sábado, domingo ou festivo terá lugar o día hábil seguinte á mesma hora.

e) Hora: ás 9.30 horas.

9. Gastos do anuncio: o importe deste anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Vigo, 3 de xaneiro de 2003.

Lucía Molares Pérez

Delegada provincial de Pontevedra