Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Xoves, 23 de xaneiro de 2003 Páx. 888

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 3 de xaneiro de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia concurso, por procedemento aberto e trámite urxente, para proceder á contratación de varios servicios de limpeza e transporte en centros dependentes desta delegación provincial.

De conformidade co establecido na Orde do 19 de decembro de 2001, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos da Consellería de Asuntos Sociais.

Esta delegación provincial de Asuntos Sociais, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anunciar concurso público por procedemento aberto e trámite urxente en centros dependentes desta delegación provincial.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: delegación provincial de Asuntos Sociais.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: varios servicios de limpeza.

-Expediente nº 36: servicio de limpeza no Centro Social de Baiona, sito en Bª Anunciada, s/n de Baiona.

* Orzamento base de licitación: 36.120 A (trinta e seis mil cento vinte euros).

* Prazo de execución: 2 anos contados a partir da data de formalización do contrato.

* Clasificación de empresas: non se esixe.

-Expediente nº 37: servicio de limpeza do Centro Social de Bouzas, sito no Recheo de Bouzas, s/n de Vigo.

* Orzamento base de licitación: 46.656 A (corenta e seis mil seiscentos cincuenta e seis euros).

* Prazo de execución: 2 anos contados a partir da data de formalización do contrato.

* Clasificación de empresas: non se esixe.

-Expediente nº 38: servicio de limpeza do Fogar do Maior de Pontevedra, sito na Alameda, nº 6 de Pontevedra.

* Orzamento base de licitación: 81.479,84 A (oitenta e un mil catrocentos setenta e nove euros con oitenta e catro céntimos).

* Prazo de execución: 2 anos contados a partir da data de formalización do contrato.

* Clasificación de empresas: non se esixe.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: non se esixe.

5. Garantías:

Provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Delegación Provincial de Asuntos Sociais de Pontevedra en Vigo.

b) Domicilio: r/ Concepción Areal, nº 8-2ª planta.

c) Localidade e código postal: Vigo, 36201.

d) Teléfono: 986 81 76 31 e 986 81 72 13.

e) Fax: 986 81 72 01.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas. Tódolos días laborais, desde as 9 ás 14 horas.

7. Requisitos específicos do contratista. Solvencia económica e financeira e técnica e profesional: os licitadores acreditarana en calquera das formas previstas na Lei de contratos das administracións públicas.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: no prazo de 8 días naturais contados desde o día seguinte á publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo é domingo ou festivo entenderase prorrogado ó primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que deberá presentar: ver prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación:

1. Entidade: Delegación Provincial de Asuntos Sociais de Pontevedra (no rexistro do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia).

2. Domicilio: r/ Concepción Areal nº 8.

3. Localidade e código postal: Vigo, código postal 36201.

d) Prazo durante o cal o licitador estará na obriga a mante-la súa oferta: 3 meses desde a data de apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: non.

9. Apertura das ofertas:

a) Entidade: Delegación Provincial de Asuntos Sociais de Pontevedra.

b) Domicilio: rúa Concepción Areal, nº 8-2ª planta.

c) Localidade: Vigo.

d) Data: décimo día natural contado desde a finalización do prazo de presentación de ofertas. Se coincidise en sábado, domingo ou festivo terá lugar o día hábil seguinte á mesma hora.

e) Hora: ás 9 horas.

10.Gastos do anuncio: o importe deste anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Vigo, 3 de xaneiro de 2003.

Lucía Molares Pérez

Delegada provincial de Pontevedra