Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Xoves, 23 de xaneiro de 2003 Páx. 880

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 13 de xaneiro de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/1-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Energías Ambientales EASA, S.A.

Domicilio social: r/ J.L. Bugallal Marchesi, 20-1º esqda., 15008 A Coruña.

Denominación: L.A.T. 66 kV parque eólico Serra de Outes-subestación Mazaricos.

Situación: Mazaricos.

Descricións técnicas: liña eléctrica aérea de alta tensión, a 66 kV, sobre torres metálicas de celosía, prevista

para dobre circuíto. Inicialmente tenderase un só circuíto, con conductor LA-280, de 9.805 metros de lonxitude, con orixe en pórtico da subestación do parque eólico de Serra de Outes, ata apoio nº 35, seguido de tramo subterráneo de 190 metros de lonxitude, con conductor R.H.Z.1 36/66 kV de 3(1x360) mm Al e final no módulo de entrada subestación de Mazaricos, acompañado en todo o percorrido por cable OPGW 16F de 16 pares para cable de terra e telecomunicacións, que discorre polo concello de Mazaricos.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 13 de xaneiro de 2003.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña