Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Xoves, 23 de xaneiro de 2003 Páx. 880

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 20 de novembro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/472-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: trav. Vigo 204, 36207 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. A Estibada-Belesar.

Situación: concello de Baiona.

Características técnicas: C.T. de 160 kVA, R.T. 20 kV/380-220 V, na Estibada-Belesar no concello de Baiona. L.M.T. subterránea a 20 kV con conductor tipo R.H.V., de 0,975 km de lonxitude, desde o apoio tipo CH-1600/15 da derivación ó C.T. Belesar ata o C.T. que se proxecta. R.B.T. subterránea de 0,065 km con conductor R.V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 20 de novembro de 2002.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra