Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Xoves, 23 de xaneiro de 2003 Páx. 879

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 20 de novembro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/464-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Electra Alto Miño, S.A.

Domicilio social: M. Valladares, 23-2º, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Parderrubias-Fontán.

Situación: concello de Salceda de Caselas.

Características técnicas: L.M.T. aérea, a 20 kV, de 245 m de lonxitude, con conductor LA 56, desde o apoio nº 32 da L.M.T. Xeneral Budiño ata o C.T. que se proxecta en Parderrubias-Fontán, no concello de Salceda de Caselas, de 100 kV relación de transformación 15/20 kV-230/398 V e R.B.T. de 779 m con conductor R.Z.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 20 de novembro de 2002.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra