Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Xoves, 23 de xaneiro de 2003 Páx. 880

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de decembro de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica, modificado o proxecto L.M.T., C.T. e R.B.T. de Monte, Serra, Rente e Sabenche. (Expediente 25/2001 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese á información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, A Coruña.

Denominación: modificado o proxecto L.M.T., C.T., R.B.T. Monte, Serra, Rente e Sabenche.

Situación: Sarria.

Descricións técnicas:

-Liña de media tensión aérea o C.T. de Serra, cunha tensión nominal e de servicio de 20 kV, con orixe na L.M.T. ó C.T. de Sabenche e remate no C.T. de Serra, cunha lonxitude de 0,938 km conductor tipo/sección LA-56/54,6 mm e 8 apoios de formigón.

-Liña de baixa tensión aérea do C.T. de Serra, con orixe no C.T. de Serra, lonxitude de 1,64 km e 21 apoios de formigón.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Lugo, 12 de decembro de 2002.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo