Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Xoves, 23 de xaneiro de 2003 Páx. 875

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (218/2002-M).

Domingo Villafañez García, secretario accidental do Xulgado de Primeira Instancia número un da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos de xuízo ordinario co nº 218/2002-M, entre as partes que se dirá, nos que se dictou sentencia, con encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

«Sentencia.

A Coruña o dez de decembro de dous mil dous.

Javier San Claudio Piñón, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número un dos da Coruña, vistos os presentes autos de xuízo ordinario nº 218/2002, promovidos por instancia de María Luisa Ríos Fuentes, e na súa representación o procurador dos tribunais Mónica Vázquez Couceiro, e na súa defensa o letrado Nieves Lado López, contra Negra Industrial, S.L., declarado en rebeldía, e... Decido que estimando integramente a demanda interposta pola procuradora Vázquez Couceiro en representación de María Luisa Ríos Fuentes que á súa vez actúa en nome e representación de Manuel Rodríguez Domínguez, declaro resoltos os contratos de arrendamento subscritos sobre os locais sitos na travesía da Primavera, nº 10-12, baixo esquerda e dereita da Coruña, condenando a Negra Industrial, S.A. a desaloxalo dentro do prazo legal. Así mesmo, condénase a demandada a lle aboar ó demandante a cantidade de 7.438,22 euros en concepto de rendas non pagadas ata a data da demanda, ademais das que resulten

en execución de sentencia. As custas impóñense á demandada. Notifíquese esta resolución ás partes con indicación de que contra ela e de acordo co previsto no artigo 455 da LAC cabe recurso de apelación perante este xulgado no prazo de cinco días contados desde o seguinte á súa notificación, apercibindo o demandado de que non se lle admitirá o recurso se ó preparalo non manifesta, acreditándoo por escrito, ter satisfeitas as rendas vencidas e as que conforme o contrato deba pagar por adiantado. Así por esta miña sentencia pronúncioo, mándoo e asínoo. Javier San Claudio Piñón, asinado.

Publicada no día da súa data. Domingo Villafañez García, asinado».

E para que conste e para a súa inserción no DOG a fin de que sirva de notificación ó demandado rebelde, expido este edicto na Coruña o dez de decembro de dous mil dous.

O secretario

Rubricado

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA