Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Xoves, 23 de xaneiro de 2003 Páx. 875

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

AUDIENCIA PROVINCIAL DE OURENSE (SECCIÓN SEGUNDA)

CÉDULA de notificación (258/2002).

Alfonso Travado y Lira, secretario da Audiencia Provincial de Ourense, sección segunda, certifico que, ante esta sección segunda, se segue o rolo de apelación nº 258/2002 no que se dictou auto con encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

«(Apelación civil).

A Audiencia Provincial de Ourense, constituída por Abel Carvajales Santa-Eufemia, presidente, Mª Mercedes Pérez Martín-Esperanza e Fernando Alañón Olmedo, maxistrados, dicta o seguinte:

Auto.

En Ourense o vintenove de outubro de dous mil dous.

Vistos, en grao de apelación, por esta sección segunda da audiencia provincial, actuando como tribunal civil, os autos de xuízo executivo procedentes do Xulgado de Primeira Instancia número seis dos de Ourense, seguidos co nº 597/1999, rolo de apelación nº 258/2002, nos que aparece como parte apelante a entidade Banco Bilbao Vizcaya Argentaria, S.A., representada polo procuradora dos tribunais Mª Gloria Sánchez Izquierdo e asistida polo letrado Luis Martínez-Paul Domínguez e, como apelado, Julia Pérez Álvarez e os herdeiros descoñecidos e incertos de Manuel Díaz Gómez, en situación procesual de rebeldía. É maxistrado ponente Fernando Alañón Olmedo.

Parte dispositiva.

Polo exposto,

A sala acorda:

Desestímase o recurso de apelación interposto pola procuradora dos tribunais Mª Gloria Sánchez Izquierdo, en nome e representación da entidade Banco Bilbao Vizcaya Argentaria, S.A., contra o auto dictado polo Xulgado de Primeira Instancia número seis dos de Ourense, en autos de xuízo executivo nº 597/1999, rolo de apelación nº 258/2002, de data 20 de decembro de 2001, que se confirma, sen facer especial imposición das custas devengadas no recurso.

Ó lles notificar esta resolución ás partes, fáganse as indicacións ás que se refire o artigo 248.4º da LOPX.

Así, por este auto, acórdano, mándano e asínano os arriba referenciados. Abel Carvajales Santa-Eufemia. Mª Mercedes Pérez Martín-Esperanza. Fernando Alañón Olmedo. Rubricados».

Concorda fielmente co orixinal ó que me remito e para que así conste e sirva de notificación ós apelados rebeldes e ausentes en paradoiro descoñecido herdeiros descoñecidos e incertos de Manuel Díaz, expido e asino esta cédula en Ourense o vintenove de outubro de dous mil dous.

O secretario

Rubricado