Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Xoves, 23 de xaneiro de 2003 Páx. 821

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 11 de decembro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Garevol, S.L.

Visto o texto do convenio colectivo da empresa Garevol, S.L., con nº de código 3603051, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 4-12-2002, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social, polo comité de empresa, en data 16-10-2002, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 11 de decembro de 2002.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Texto do convenio colectivo do centro especial

de emprego Garevol, S.L.

Capítulo I

Disposicións xerais

Sección primeira

Ámbito de aplicación

Artigo 1º.-Ámbito territorial.

O presente convenio colectivo será de aplicación no centro de traballo de Garevol, S.L., situado en Tameiga-Mos.

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

O presente convenio afectará á totalidade do persoal existente no momento da súa sinatura, así como ós traballadores ou traballadoras que se incorporen no futuro e baixo a súa vixencia, salvo o persoal de alta dirección (xerencia), a non ser que no contrato destes últimos se faga referencia expresa a este convenio e, neste caso, seralles de aplicación.

Sección segunda

Vixencia e duración

Artigo 3º.-Vixencia e duración.

O presente convenio entrará en vigor o día 1 de xaneiro de 2002 e manterá a súa vixencia ata o 31 de decembro de 2002.

Artigo 4º.-Resolución ou revisión.

A denuncia na que se propoña a resolución ou revisión do convenio será automática ó chegar ó final da súa vixencia, ata a entrada en vigor dun convenio revisado comprometéndose as partes a constituíren a mesa de negociación antes do 31 de decembro de 2003.

Sección terceira

Compensación e absorción

Artigo 5º.-Vinculación á totalidade.

As condicións pactadas forman un todo orgánico, indivisible e para efectos da súa aplicación práctica, serán consideradas globalmente.

Artigo 6º.-Garantías.

Respectaranse as situacións persoais que con carácter global e no cómputo anual excedan do pacto. Tal garantía será de carácter exclusivamente persoal.

Capítulo II

Organización do traballo

Facultades da empresa.

1. A organización do traballo é facultade da empresa, que será responsable do seu uso perante o Estado.

Sen mingua da autoridade que corresponde á empresa ou ós seus representantes legais, os representantes dos traballadores serán oídos en todo o relacionado coa organización e racionalización do traballo.

A organización do traballo abrangue os puntos que se enumeran a seguir, de forma on exhaustiva senón meramente enunciativa:

a) Efectuar, durante o período de estudio do traballo, as modificacións nos métodos deste, distribución do persoal, cambio de funcións e variacións das máquinas e dos materiais que faciliten o estudio técnico da organización conforme os niveis de producción e productividade que se tenten atinxir.

b) A adxudicación das máquinas, ferramentas e demais elementos necesarios para o desenvolvemento da actividade dos traballadores.

c) A mobilidade e redistribución do persoal conforme as necesidades da organización e da producción, respectando o salario da súa categoría, sen prexuízo da súa formación profesional e do necesario período de adaptación.

d) A fixación dos índices de desperdicios e calidade admisibles ó longo do proceso de fabricación.

e) A vixilancia sobre a atención e limpeza da maquinaria e do posto de traballo, que se deberá levar a cabo dentro da xornada de traballo.

f) Determina-lo método de traballo que se seguirá, cumprindo o establecido no Estatuto dos traballadores, para obter rendementos iguais ou superiores ó normal ou mínimo esixible.

g) A esixencia ós traballadores da actividade normal e, consecuentemente, do rendemento mínimo establecido.

h) Determina-los métodos e tempos das operacións de acordo cos sistemas de estudio internacionalmente recoñecidos.

i) Aplicar un sistema de incentivos mediante a remuneración dos rendementos atinxidos dentro das calidades establecidas.

j) Establece-la fórmula que se coide máis idónea para o cálculo dos incentivos por rendemento. Esta fórmula de incentivos deberá incorporar un límite de retribución do rendemento cando este exceda un 10% o rendemento óptimo (rendemento un 33% superior ó normal ou esixible).

k) Establece-los sistemas de adaptación a novos productos ou novos modelos. Definir e delimitar no tempo os procesos formativos dos traballadores.

l) Durante o período de adaptación, cando este sexa necesario, poderase establecer un sistema de compensación da remuneración do incentivo baseado na duración do período e na evolución do rendemento esixible ó traballador nel.

m) Prohibir terminantemente ós traballadores a realización de obra ou traballo por conta allea ou propia fóra da empresa, se son os propios das actividades afectadas polo convenio, por canto isto suporía acto de concorrencia ilícita en calquera dous dous supostos.

2. Unha vez realizados os estudios que se consideren precisos, o procedemento para a implantación pola empresa do sistema de organización do traballo será o seguinte:

a) Comunicar á representación legal dos traballadores da empresa a decisión de modificar, en forma substancial, a organizació do traballo con anticipación suficiente á súa aplicación. Esta comunicación producirá efecto para a totalidade dos traballadores da empresa.

b) Os traballadores, no caso de desconformidade, poderán recorrer contra a resolución da empresa perante a Dirección Provincial de Traballo e Seguridade Social competente, nos prazos que marca a lei.

c) Informar obrigatoriamente a cada traballador das especificacións das tarefas asignadas ó seu posto de traballo, así como dos tempos de aplicación para atinxi-lo rendemento mínimo esixible. O traballador disporá da información precisa nas escalas habitualmente empregadas.

d) Igualmente, informarase a cada traballador nos casos de revisión de tempos ou de métodos que signifiquen modificación substancial das condicións do posto de traballo.

e) O mantemento da fórmula para o cálculo dos incentivos e da organización do traballo propostos pola empresa, aínda no caso de desconformidade dos seus traballadores expresada a través da súa citada representación, é facultade daquela, que non poderá impor sancións por este motivo antes da resolución da comisión paritaria ou da autoridade competente.

f) Se durante o período de adaptación, unha vez aplicadas as compensacións citadas no punto K, se obtivesen rendementos superiores ó normal ou esixible, poderase aboar de acordo coas fórmulas de retribución dos incentivos. Estas fórmulas de incentivos deberán incorporar un límite de retribución cando o rendemento exceda nun 10% o rendemento óptimo.

Artigo 7º.-Cambios de quenda.

No caso de que as ausencias ó traballo alcancen o 7 por 100 do cadro de persoal directo de producción do centro de traballo, a empresa poderá decidir con criterios obxectivos o cambio de quenda dos traballadores cando o precise, respectando, en todo caso, o descanso entre xornadas legalmente establecido (12 horas) e o salario, e polo tempo que subsista tal índice de ausencias, logo de comunicación ó interesado e ós representantes dos traballadores, na xornada anterior.

Mensualmente facilitaráselles ós representantes legais dos traballadores información sobre a evolución das ausencias ó traballo.

Os ditos cambios de quenda non terán a consideración legal de modificacións substanciais das condicións de traballo.

Artigo 8º.-Definicións.

A organización do traballo terá en conta os seguintes principios e definicións:

1. Actividade normal: é aquela que desenvolve un operario consciente da súa responsabilidade, cun esforzo constante e razoable, sen excesiva fatiga física e mental, sen o estímulo dunha remuneración por incentivo e baixo unha dirección competente.

Esta actividade é a que, nos distintos e máis comúns sistemas de medición, corresponden cos índices 100, 60 (sistema Bedaux) e 75 (norma británica).

2. Actividade óptima: defínese como aquel ritmo efectivo que un operario pode atinxir, como media, debidamente motivado e incentivado, durante toda a xornada e xornadas consecutivas tomando os descansos correspondentes.

A actividade óptima será un tercio superior á normal: 140, 80 na escala Bedaux e 100 na norma británica.

3. Cantidade de traballo actividade normal: é a que efectúa un traballador ou traballadora media a actividade normal, incluído o tempo de recuperación do traballador.

4. Rendemento normal é a cantidade de traballo que unha persoa efectúa nunha hora a actividade normal.

5. Rendemento óptimo é a cantidade de traballo que unha persoa realiza nunha hora a actividade óptima.

6. Tempo máquina é o que emprega unha máquina en producir unha cantidade de tarefa en condicións técnicas determinadas.

7. Tempo normal é o investido por un/ha traballador/a nunha determinada operación, a actividade normal, sen incluír tempo de recuperación.

Artigo 9º.-Incentivos e procedemento para a implantación de tempos.

1.1. Unha vez realizados os estudios correspondentes, cronometrando máis dun operario, a dirección da empresa notificará ós representantes dos traballadores os novos métodos e os seus tempos provisorios correspondentes, debéndose observar:

a) Comunicación da data en que se aplicarán os tempos para o cálculo dos incentivos.

b) Un período de 20 días laborables de adaptación ós novos métodos e tempos; sendo contabilizados a partir dese momento para efecto de cálculo de incentivos e introducíndose para tódolos efectos no sistema global de xestión da empresa.

Durante eses 20 días aboaráselle ó traballador a media dos tres meses anteriores á data do comezo do período de adaptación do traballador.

1.2. Dentro do dito período de adaptación de 20 días laborables o traballador poderá reclamar ante os representantes dos traballadores, realizándose as seguintes accións:

a) De forma inmediata, os representantes dos traballadores instarán unha reunión da comisión paritaria de productividade e competitividade que se creará para tales efectos, e que estará formada por tres representantes dos traballadores e tres representantes da dirección (apéndice I). Así mesmo, poderase insta-la reunión desta comisión para analiza-los problemas que se poidan presentar na producción habitual e que permitan dar unha solución adecuada a ela.

b) Unha vez reunida a comisión paritaria, de non alcanzar ningún acordo, realizarase unha comprobación do tempo coa presencia dun representante dos traballadores.

c) No caso de continua-lo desacordo, actuarase conforme o disposto no punto 1.3.

1.3. Nos casos de desacordo ou conflicto, as partes someteranse á decisión dun técnico cualificado na materia.

1.4. Efectuado o dictame do técnico, o tempo establecido por este substituirá desde este momento o tempo estimado existente.

2. Complemento de producción.

O complemento de producción aplicaráselles a aqueles traballadores/as que alcancen o rendemento normal.

2.1. Incentivos.

Cantidade que percibe o traballador sempre e cando alcance a rendemento normal aboándose segundo a escala establecida no anexo II.

Capítulo III

Inicio e desenvolvemento da relación laboral

Sección primeira

Contratación

Artigo 10º.-Contratación.

Os contratos que concerte o centro especial de emprego Garevol poderán axustarse a calquera das modalidades de contrato de traballo previstas no Estatuto dos traballadores e nas súas normas de desenvolvemento.

En materia de contratación laboral observaranse, en todo caso, as disposicións legais ou normas convencionais de maior rango sobre a materia, tanto de carácter xeral como especial.

Fomentarase, en todo caso, o contrato estable e daráselle prioridade á contratación indefinida.

Artigo 11º.-Contrato de baixo rendemento.

É aquel que se celebraría co traballador minusválido de nova incorporación que, aínda prestando os seus servicios durante unha xornada de traballo normal, o fai cun rendemento inferior ó normal nun 25%. En todo caso, esta circunstancia deberá ser analizada pola comisión de productividade.

Artigo 12º.-Período de proba.

O ingreso entenderase provorio ata que non se cumpra o período de proba, que será de tres meses.

A empresa manifestaralle ó traballador de novo ingreso o alcance e contido do período de proba.

O período de proba é integramente esixible, salvo que a empresa decida renunciar a todo ou a parte del, e a súa decisión seralle comunicada por escrito ó interesado.

Durante o período de proba, tanto a empresa como o traballador poderán desistir unilateralmente do contrato de traballo sen aviso previo nin indemnización.

Sección segunda

Tempo traballo

Artigo 13º.-Xornada.

A xornada de traballo será de corenta horas semanais, que en ningún caso superarán as 1.800 horas anuais de presencia, das cales 30 minutos diarios son de descanso.

Artigo 14º.-Horario e calendario laboral.

Anualmente a empresa e os representantes dos traballadores establecerán o calendario laboral.

Artigo 15º.-Vacacións.

O período anual de vacacións será de trinta días naturais que se desfrutarán entre os meses de xuño e setembro, dos cales quince naturais se desfrutarán ininterrompidamente. A fixación dos períodos de vacacións farase de común acordo entre a empresa e os representantes dos traballadores, dentro dos tres primeiros meses do ano, conxuntamente co calendario laboral. O período de quince días naturais continuados empezará en luns, salvo pacto en contrario.

Para o cómputo dos días de vacacións do persoal contratado durante o ano, tomarase como data inicial a do seu ingreso; se esta fose posterior a elas, desfrutaraas proporcionalmente ó tempo traballado e tendo en conta as peticións dos traballadores dentro do ano natural.

Artigo 16º.-Permisos.

O traballador, logo de aviso e xustificación, poderá ausentarse do traballo con dereito a remuneración polos motivos que se detallan a continuación:

a) Quince días naturais en caso de matrimonio.

b) Catro días naturais no caso de morte de pais, esposos e fillos e dous días ata segundo grao de consanguinidade ou afinidade e tres días naturais no suposto de enfermidade grave destes e nacemento de fillo. En caso de nacemento de fillo, tomaranse os días laborables se a data do nacemento cadra en fin de semana. Cando o traballador realice un desprazamento fóra da provincia será de catro días.

c) Un día por traslado de domicilio habitual.

d) Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal comprendido no exercicio do sufraxio activo. Cando conste nunha norma legal ou convencional un período determinado, aplicarase o que esta dispoña en canto á duración da ausencia e á súa compensación económica.

e) Incluiranse ademais os días establecidos para a asistencia a tratamentos de rehabilitación médico-funcionais, recollidos no Real decreto 1368/1985.

Capítulo IV

Condicións económicas

Artigo 17º.-Retribucións.

Establécense como conceptos retribuídos os fixados nas táboas anexas para a vixencia do convenio. Os atrasos derivados da posterior sinatura ou revisión do convenio seranlles aboados ós traballadores no mes seguinte ó da súa sinatura.

Artigo 18º.-Gratificacións extraordinarias.

Establécese para tódolos traballadores o dereito a percibir dúas pagas extraordinarias anuais, de devengo semestral. Unha no mes de xullo e outra no mes de decembro, consistente en trinta días de salario base máis o complemento de antigüidade ou a parte proporcional das pagas extraordinarias que corresponda, en función da data de ingreso.

Artigo 19º.-Complemento de asistencia.

O complemento de asistencia será de aplicación no ano 2002 e atinxirá a cifra de 22,97 euros mensuais para todos aqueles traballadores que ocupen o seu posto de traballo tódolos días efectivos. Este complemento aboarase por día laborable e descontarase da seguinte forma: por 1 día de ausencia 5,74 euros, por dous días 11,48 euros, o terceiro 17,22 euros e a partir do cuarto días descontarase completo. Cando se trate de ausencias parciais descontarase a parte proporcional de 5,74 euros do primeiro día, ata un total de 4 ausencias parciais, que se descontará completo.

Artigo 20º.-Complemento de distancia.

Aqueles traballadores que por razón do seu domicilio habitual non poidan facer uso do medio de transporte posto pola empresa para o traslado do seu persoal ó centro de traballo, desfrutarán dun complemento salarial por día de asistencia de 1,09 euros por día.

Artigo 21º.-Complemento de producción.

O complemento de producción percibirano mensualmente aqueles traballadores que atinxan o rendemento igual ou superior á actividade normal. Non obstante, se por causas alleas á vontade do traballador, como é o caso de problemas técnicos directamente relacionados co proceso productivo, non alcanzase o rendemento mencionado, o operario terá dereito á percepción do complemento de producción. O importe correspondente ó complemento recóllese nas táboas anexas considerando que será proporcional ós días traballados polo operario.

Artigo 22º.-Incentivos.

Cantidade que poderá recibi-lo traballador no caso de o seu rendemento ser superior ó normal, aboándose segundo a escala establecida no anexo II. Os incentivos aboaranse de forma mensual en función da producción media obtida durante os días de traballo efectivo do mes correspondente.

Artigo 23º.-Premios de antigüidade.

Establecese un premio de antigüidade do 3 por 100 por cada quinquenio sobre o salario base actualizado.

Artigo 24º.-Desprazamentos.

Cando un traballador se desprace transitoriamente da localidade por orde da empresa, esta resarcirao por tódolos gastos que tal desprazamento lle ocasione.

Artigo 25º.-Incapacidade temporal.

A empresa complementará as prestacións que lle correspondan ó traballador en situación de incapacidade temporal nun 100% para caso de accidente de traballo e enfermidade profesional desde o primeiro día, 90% en caso de enfermidade con hospitalización mentres dure a situación e 90% desde o vixésimo día no caso de enfermidade común de longa duración, sempre e cando os índices deausencia ó traballo da empresa sexan iguais ou inferiores a un 10% e tomando como referencia para o cómputo os 6 meses anteriores ó aboamento.

É obriga do traballador a comunicación á dirección da empresa, por calquera medio, na mesma xornada de traballo e posterior xustificación desta, a ausencia imprevista total ou parcial da xornada. Nos casos de faltas de puntualidade aplicarase o disposto no réxime disciplinario.

Fíxase en catro horas o tempo máximo de asistencia a consulta médica, con penalización do salario correspondente ó tempo que supere as catro horas; existe obriga de presenta-la correspondente xustificación médica.

Implántase un sistema de seguimento para o control da ausencia ó traballo e analiza-las causas que o motivan.

Capítulo V

Prestacións non salariais

Artigo 26º.-Roupa de traballo.

A empresa facilitará fundas ou batas ó seu persoal a razón de dúas pezas de roupa cada ano. O persoal poderá utiliza-la roupa de traballo que se lle facilitase no ano en curso e no anterior.

Todo o persoal está obrigado a utiliza-la roupa de traballo nas instalacións da empresa.

Capítulo VI

Réxime disciplinario

Sección primeira

Faltas

Artigo 27º.-Leves.

Son faltas leves:

1. Faltar un día ó traballo, sen xustificar.

2. As faltas de puntualidade sen xustificar, ata tres días nun mes, na asistencia ó traballo, cun atraso superior a cinco minutos e inferior a trinta no horario de entrada.

3. Abandona-lo posto de traballo ou o servicio por breve tempo durante a xornada de traballo, sen autorización.

4. Os pequenos descoidos na realización do traballo e na conservación das máquinas, ferramentas e materiais.

5. A falta de respecto, en materia leve, ós subordinados, compañeiros, mandos e público, así como a discusión con eles.

6. A falta de limpeza e hixiene persoal, así como as dependencias, servicio e útiles da empresa.

7. Non comunicarlle á empresa os cambios de domicilio ou os datos necesarios para a Seguridade Social e medicina de empresa.

8. Non notificar nun prazo de vintecatro horas os motivos que xustifican a falta ó traballo, a non ser que se probe a imposibilidade de telo efectuado.

9. Discutir sobre asuntos estraños ó traballo dentro das dependencias da empresa. Se tales discusións producisen escándalo notorio, poderán considerarse como faltas graves ou moi graves.

10. A voluntaria diminución da actividade habitual en ratios de ata un 20%; estes casos serán analizados pola comisión paritaria de productividade.

11. O imcumprimento das medidas previstas no artigo 29 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais, sempre que careza de transcendencia grave para a integridade física ou a saúde dos traballadores.

Artigo 28º.-Graves.

Son faltas graves:

1. A dobre comisión de falta leve, dentro do período dun mes, excepto as de puntualidade.

2. A falta de dous días ó traballo inxustificadamente durante o período dun mes.

3. O entorpecemento, a omisión maliciosa e o falseamento dos datos, cuestións e feitos que poidan afectar á Seguridade Social e medicina de empresa.

4. O imcumprimento das normas legais xerais, as deste convenio ou do regulamento da empresa en materia de seguridade no traballo. Será falta moi grave cando teña consecuencias nas persoas, máquinas, materiais, inspiracións ou edificios.

5. A inobservancia dos regulamentos e ordes de servicio, así como a desobediencia ós mandos.

6. A voluntaria diminución da actividade habitual en ratios de ata un 30% ou os defectos na calidade fixada polos nosos clientes por neglixencia do traballador; estes casos serán analizados pola comisión de productividade.

7. O emprego de tempo, materiais, máquinas e útiles de traballo en cuestións alleas a el.

8. As inxurias proferidas contra persoas ou institucións de toda índole.

9. A suplantación activa ou pasiva da personalidade.

10. A embriaguez e consumo de estupefacientes non habitual durante o traballo.

11. O atraso inxustificado na entrega á empresa dos partes de baixa de enfermidade ou accidente, conforme o disposto na lexislación aplicable.

12. Non presta-la debida atención ó traballo encomendado, tendo sido advertido polo seu xefe superior con anterioridade.

13. A reincidencia en faltas, aínda que sexan de distinta natureza, dentro dun trimestre.

14. A ocultación de feitos ou faltas que o traballador presenciase ou ocasionen prexuízo grave, así como non advertir inmediatamente ós seus xefes de calquera anomalía de importancia que observe nas instalacións.

15. O acoso sexual.

16. O imcumprimento das medidas previstas no artigo 29 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais, cando tal incumprimento orixine riscos graves para a integridade física ou a saúde dos traballadores.

Artigo 29º.-Moi graves.

Son faltas moi graves:

1. A reiteración de falta grave dentro do período dun mes, sempre que aquela fose sancionada.

2. A falta de seis días ó traballo, durante un período de catro meses sen xustificación.

3. Máis de doce faltas de puntualidade inxustificadas nun período de seis meses, ou de vintecinco nun período dun ano.

4. A falsidade, a deslealdade, a fraude, o abuso de confianza, a competencia ilícita para coa empresa e o furto ou roubo, tanto ós compañeiros de traballo como á empresa ou a terceiros dentro das dependencias dela ou durante o desempeño de traballos ou servicios por conta da empresa.

5. Facer desaparecer, inutilizar sen causar desperfectos ou modificacións maliciosas en primeiras materias, productos, útiles, ferramentas, máquinas, aparellos, instalacións, edificios, enxoval e documentos da empresa.

6. A indisciplina ou desobediencia ó regulamento de réxime interior da empresa ou ás ordes dos mandos, así como tamén a inducción a ela cando revista especial gravidade.

7. A participación directa ou indirecta na comisión de delicto cualificado como tal no Código penal.

8. A falsidade nas circunstancias de accidentes de traballo, a simulación de enfermidade ou accidente e a prolongación maliciosa ou finxida na súa curación.

9. A embriaguez e consumo de estupefacientes habitual durante o traballo.

10. O abandono do traballo nos postos de responsabilidade.

11. O abuso de autoridade.

12. A comisión de actos inmorais nos locais e dependencias da empresa, dentro e fóra da xornada de traballo.

13. Tódalas consignadas no artigo 54.2º do Estatuto dos traballadores, consideradas como causas xustas de despedimento.

14. Saír con paquetes ou envoltorios do traballo negándose a dar conta do seu contido cando lle fose solicitado polo persoal encargado desta misión.

15. A voluntaria diminución da actividade habitual en ratios de ata un 40% e a non obtención dos índices de calidade esixidos polos nosos clientes en ratios superiores ó 20%; estes casos serán analizados pola comisión paritaria de productividade.

16. O incumprimento das medidas previstas no artigo 29 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais, sempre que orixine riscos graves e inminentes para a integridade física ou a saúde dos traballadores.

Sección segunda

Sancións

Artigo 30º

As sancións máximas que poden imporse son as seguintes:

*Por falta leve: amoestación verbal, amoestación por escrito, suspensión de emprego e soldo ata dous días.

*Por falta grave: suspensión do emprego e soldo de tres a quince días.

*Por falta moi grave: suspensión do emprego e soldo de quince a sesenta días e despededimento.

Artigo 31º.-Prescrición.

As faltas prescribirán polo transcurso do prazo que en cada momento estableza a lexislación aplicable.

Artigo 32º.-Seguridade e hixiene no traballo.

As partes asinantes deste acordo comprométense a desenvolve-las accións e medidas en materia de saúde laboral que sexan necesarias para conseguir unhas condicións de traballo nas que a saúde do traballador non se vexa afectada por elas.

Tódalas accións e medidas deberán estar encamiñadas a conseguir unha mellora da calidade de vida e ambiente do traballo, desenvolvendo obxectivos de promoción e defensa da saúde, mellorando as condicións de traballo e protección das técnicas preventivas como medio para a eliminación dos riscos na súa orixe.

Obterase da empresa a confección dun plan de prevención en materia de saúde e seguridade. O dito plan recollerá:

a) Mapa de riscos na empresa.

b) Programas de actuación.

c) Técnicas de prevención, vixilancia e control da saúde e especial atención ó tema da toxicidade que leva consigo a utilización de colas ou calquera outra substancia que se produza.

d) Normas de actuación preventiva para cada posto de traballo.

e) Estudio epidemiolóxico.

A todo isto a empresa prestará a colaboración necesaria, e estará obrigada a darlles a coñecer ós traballadores ou ós seus representantes legais completa información sobre os riscos ós que o traballador está exposto e as características de seguridade de que está dotada a maquinaria, útiles e local onde traballan.

Disposición derradeira

Ó non previsto neste convenio aplicaráselle o establecido no Estatuto dos traballadores, a LOLS e o Real decreto 1368/1985, do 17 de xullo.

ANEXO I

Categorías profesionais

Categoría 1. Xefe de quenda.

Aquel traballador que asume a dirección dunha quenda de traballo, motivando e estimulando os traballadores, para consegui-lo desempeño máis eficiente cun esforzo constante e razoable. As funcións que debe desempeñar son as seguintes: control de persoal no cumprimento de horarios, control diario da producción do persoal, cumprimento diario de plans de traballo, supervisión do traballo realizado polos controladores de calidade, control do almacén de materiais e consumibles, supervisión de entrada e saída de volantes sen forrar e volantes acabados; carga e descarga da mercadoría, aprovisionamento de materiais para os postos de traballo, organización do almacén de recepción e expedición de mercadorías.

Categoría 2. Auxiliar administrativo.

É o que cos coñecementos xerais de índole administrativa, auxilia nos traballos propios da súa categoría nas seguintes funcións:

Redacción de correspondencia de trámite, xestión de saídas de material, arquivo de albarás e todas aquelas funcións propias desa categoría, etc.

Categoría 3. Xefe de equipo.

É aquel traballador que asume a dirección dun equipo de traballo motivando e estimulando os traballadores para consegui-lo desempeño máis constante e razoable, baixo a supervisión do xefe de quenda.

Categoría 4. Controlador de calidade.

As súas funcións son as seguintes: control de calidade total de volantes forrados terminados, enfundaxe e precintaxe de volantes O.K., embalaxe e seguramento con aros dos volantes en caixas ou gaiolas paletizadas.

Categoría 5. Operario cualificado.

Aquel traballador que obtén uns niveis de destreza e cualificación de maneira continuada durante un período non inferior a 60 días.

Categoría 6. Operario.

Aquel traballador, que despois de ter superado o período de formación e cunha antigüidade na empresa inferior a 6 meses (período de cualificación), non alcanza os niveis de destreza e cualificación correspondentes a un operario cualificado.

Tablas salariais 2002

Salario base

Categorías profesionaisMensualAnual

Categoría 1Xefe de quenda3897,9412.571,16
Categoría 2Aux. administrativo4670,44 9.386,16
Categoría 3Xefe de equipo5637,94 8.931,16
Categoría 4Controlador calidade6637,94 8.931,16
Categoría 5Operario calificado7540,44 7.566,16
Categoría 6Operario8503,19 7.044,66

Complementos salariais

Categorías profesionais

Compl.

asist.

Compl.

prod.

Compl.

distan.

Incentivo

Categoría 1Xefe de quenda1,09
Categoría 2Aux. administrativo22,971,09
Categoría 3Xefe de equipo22,9714,051,09
Categoría 4Controlador calidade22,9714,051,092,13
Categoría 5Operario calificado22,9714,051,092,13
Categoría 6Operario22,9714,051,092,13

ANEXO II

IncentivosAno 2002

Cando a medida mensual supere un rendemento superior ó 1,002,13 euros/hora producida

Cando a medida mensual iguale ou supere un rendemento igual ou superior ó 1,335,58 mensual

Os xefes de equipo e os xefes de quenda percibirán estos incentivos en función da media do equipo e da quenda, obtido durante o mes correspondente.

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO,

MULLER E XUVENTUDE