Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Mércores, 22 de xaneiro de 2003 Páx. 808

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da aprobación definitiva da modificación do proxecto de urbanización de futura praza pública na rúa Doutor Loureiro Crespo, números 22 e 24.

A Comisión de Goberno, en sesión de 29 de xullo de 2002, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro.-Desestima-la alegación formulada por Miguel Ángel Blanco Leiro en función das motivacións xurídicas e antecedentes de feito expostos e motivando o presente acordo ó amparo do disposto no artigo 89.5º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, nos informes emitidos polo arquitecto xefe da Oficina Técnica de Planeamento e Xestión Urbanística o 1-2-2002 e 22-5-2002, incorporados ó texto do expediente, nos que se acredita que a futura praza pública enrasa coa rúa de Loureiro Crespo, na zona norte, dotando ó vial que discorre pola fronte do edificio no que se sitúan os locais do alegante coas pendentes mínimas tecnicamente admisibles sen que se produza ningún dato ou prexuízo dos alegados, xa que na actualidade non existe ningún local con acceso á futura praza, a cal era de titularidade privada ata a recepción das obras de urbanización polo concello e correspondente cesión.

Segundo.-Prestar aprobación á modificación do proxecto de urbanización da futura praza pública que se situará á altura dos números 22 e 24 da rúa Doutor Loureiro Crespo, promovido mediante iniciativa particular por Roprovisa, S.L. e outros propietarios de inmobles afectados pola futura praza, fundamentándose esta modificación no proxecto denominado modificado de urbanización de praza, redactado polo arquitecto Rafael Vázquez Abal, visado pola delegación en Pontevedra do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia con data do 18-9-2001.

Esta documentación reforma e anula exclusivamente nas materias obxecto de modificación ó proxecto con visado colexial de 5-5-1995 e planos números U-1, U-2 e U-4, da mesma autoría e con visado do COAG do 20 de xullo e 6 de novembro respectivamente, que foi definitivamente aprobado

polo Pleno da Corporación en sesión do 27-6-1996, e proxecto reformado que inclúe planos M.1 e M.2, subscritos polo arquitecto Rafael Vázquez Abal, con visado colexial de 29-3-2000, aprobado definitivamente pola Comisión de Goberno en sesión do 16-10-2000, e que se mantén en todo aquilo non reformado.

O presente acto administrativo suxéitase ás seguintes condicións:

1. As obras axustaranse integramente ás previsións do proxecto e nova documentación técnica presentada.

De impoñerse o recurso potestativo de reposición, este deberá ser resolto e notificado no prazo dun mes segundo se establece no artigo 117.2º da citada Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999, entendéndose desestimado polo transcurso do mencionado prazo sen resolución expresa, de conformidade co establecido no artigo 43.2º desta Lei 30/1992, podéndose entón interpoñer recurso contencioso-administrativo dentro do prazo de seis meses contado desde o día seguinte daquel no que se deba entender presuntamente desestimado o recurso de reposición interposto, conforme o establecido no artigo 46.1º e 4º da Lei 29/1998.

Non obstante, tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que os interesados estimen procedentes consonte a dereito.

Pontevedra, 4 de novembro de 2002.

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral

Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo

Alcalde accidental