Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Mércores, 22 de xaneiro de 2003 Páx. 808

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILARMAIOR

ANUNCIO.

En sesión plenaria do día 16 de decembro de 2002, acordouse aprobar inicialmente o Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Vilarmaior e suspende-lo outorgamento de licencias naquelas zonas onde as novas determinacións supoñen modificación do réxime urbanístico vixente. Non obstante, poderán concederse licencias baseadas no réxime vixente, sempre que se respecten as determinacións do novo planeamento.

O que se somete a información pública por un período dun mes no DOG e nun dos diarios de maior difusión na provincia, contado desde o día seguinte ó da última publicación, para efectos de que calquera interesado presente alegacións.

Vilarmaior, 16 de decembro de 2002.

José Benito Souto Lourido

Alcalde-presidente