Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Mércores, 22 de xaneiro de 2003 Páx. 807

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 3 de decembro de 2002 pola que se anuncia a licitación para a contratación das obras incluídas no proxecto de acondicionamento da rúa Alemaña-Monte Porreiro.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Pontevedra. a) Órgano de contratación: Comisión de Goberno. b) Dependencia tramitadora: Servicio de Contratación.

2. Obxecto: a) Obxecto: execución das obras do proxecto. b) Prazo: tres meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: ordinaria, aberto, poxa.

4. Orzamento da licitación: 120.778,74 A, incluídos todo xénero de gastos, IVE e dirección técnica da obra.

5. Clasificación do contratista: grupo G, subgrupo 4, categoría d.

6. Garantías: a) Provisional: 2.415,57 A. b) Definitiva: 4% da adxudicación.

7. Obtención de documentación e información: a) Lugar: Servicio de Contratación do concello. Praza de España, s/n. Pontevedra 36071. Tlf./fax: 986 80 43 00/986 86 01 02. Correo: www.contratación*concellopontevedra.es. b) Data límite de obtención de documentos e información: vinteseis (26) días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG.

8. Presentación das ofertas: a) Data límite de presentación: vinteseis días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG. b) Documentación que hai que presentar: cláusula 16ª do prego. c) Lugar de presentación: rexistro xeral do concello, das 9 ás 13 horas. d) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: vinte días.

9. Apertura das ofertas: pola mesa de contratación o primeiro martes seguinte hábil ó do remate do prazo para a presentación das ofertas, ás 9 horas na sala de xuntas.

10. Gastos: cláusula 30 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Pontevedra, 3 de decembro de 2002.

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral

Raimundo González Carballo

Tenente alcalde delegado de área