Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Mércores, 22 de xaneiro de 2003 Páx. 777

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DE LUGO

EDICTO (747/2002).

Rafael González Alió, secretario do Xugaldo do Social número un dos de Lugo, dou fe e testemuño

que nos autos de xuízo número 747/2002, seguidos por instancia de Alejandro Sangiao Rodríguez contra a empresa Bosque y Jardín, S.L.y otro sobre extinción de contrato, dictouse sentencia que ten como encabezamento e parte dispositiva o seguinte: «Sentencia. En Lugo o cinco de decembro do ano dous mil dous. Vistos por Mª de los Ángeles Andrés Vega, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número un dos de Lugo, os presentes autos de xuízo verbal nº 747/2002, sobre reclamación por extinción de contrato no que son partes como demandante Alejandro Sangiao Rodríguez, representado pola letrada Mª Teresa Souto Neira e como parte demandada o Fondo de Garantía Salarial, representado polo letrado José Carlos Pérez Vázquez. Non compareceu a empresa demandada Bosque y Jardín, S.L., malia estar citada en legal forma. Decido: que estimando a demanda sobre resolución de contrato deducida por Alejandro Sangiao Rodríguez, contra a empresa Bosque e Jardín, S.L., debo declarar e declaro extinguida por

vontade do traballador a relación laboral que o vinculaba coa citada empresa, desde a data da presente resolución, así como o dereito a percibir unha indemnización de mil setecentos trinta e cinco euros con dous céntimos de euro (1.735,02 A), condenando a empresa accionada ó seu efectivo aboamento a favor do demandante. Absólvese o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sen prexuízo da súa eventual e ulterior responsabilidade subsidiaria para o caso de ser declarada a insolvencia empresarial. Notifíquese esta sentencia ás partes, coa advertencia de que, contra esta cabe interpoñer recurso de suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia-A Coruña, dentro dos cinco días seguintes ó da súa notificación, por conducto deste xulgado do social, logo do depósito das cantidades obxecto de condena e cos requisitos esixidos no artigo 189 e seguintes do texto refundido da Lei de procedemento laboral e en especial o disposto no seu artigo 228, consistente en que

será indispensable que o recorrente que non gozase do beneficio de xustiza gratuíta acredite, ó anuncia-lo recurso de suplicación, ter consignada na conta de depósitos e consignacións nº 2322-69 nº de autos 747/2002, que este xulgado do social ten aberta no Banco de Bilbao-Vizcaya, desta cidade, r/ da Raíña número 1, a cantidade obxecto da condena, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facerse consta-la responsabilidade solidaria do avalista. O xustificante de consignación en metálico ou, se é o caso, o documento de aseguramento, nos que deberá consta-lo número de procedemento, quedará baixo a custodia do secretario, que expedirá testemuño destes para a súa unión ós autos, facilitando o oportuno recibo, máis o depósito de 150,25 A, prevido para esta clase de recursos que deberá constituírse na mesma conta número 2322-65-nº de autos 747/2002, do Banco Bilbao-Vizcaya, que para o efecto e baixo a denominación de recurso

de suplicación existe, debendo entregarse os xustificantes na secretaría deste xulgado ó tempo de interpoñe-lo recurso, caso

de se-la empresa demandada condenada quen o interpuxera, de conformidade co disposto no artigo 227 do referido texto legal.-Así, por esta miña sentencia definitiva, o pronuncio, o mando e o asino.-Mª de los Ángeles Andrés Vega.-Rubricado.-Publicación. Lida e publicada foi a anterior sentencia pola maxistrada que a subscribe, en audiencia pública no día da súa data, do que eu secretario certifico.-Rafael González Alió.-Rubricado».

Concorda ben e fielmente co orixinal e para que sirva de notificación en forma á empresa Bosque y Jardín S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino a presente cédula para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, en Lugo o cinco de decembro de dous mil dous.

Rubricado