Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña, dou fe e certifico
que neste xulgado se seguen autos número 418/2001, por instancia de José Ramón Candeme Alvedro e outros contra la empresa Abruñedo, S.L. y la empresa Hiper Decogalicia, S.L. sobre salarios, nos que recaeu sentencia en data que, copiada nos particulares necesarios, di así:
«Decido que estimando a demanda promovida por José Ramón Candeme Alvedro, Manuel Otero Abuelo e José Manuel González Ambroa contra as empresas Abruñedo, S.L. e Hiper Decogalicia, S.L. debo condenar e condeno solidariamente ó aboamento os demandantes das seguintes cantidades: a José Ramón Candeme Alvedro 326.311 pesetas (1.961,17 euros), a Manuel Otero Abuelo 332,535 pesetas (1.998,58 euros) e a José Manuel González Abroa 254.554 pesetas (1.529,90 euros).
Así, por esta miña sentencia, contra a que se poderá recorrer en suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de cinco días contados desde o seguinte á súa notificación, anunciando o propósito de inicialo mediante comparecencia ou por escrito, sendo indispensable que, ó tempo de anuncialo o recorrente, se é empresario, exhiba perante este xulgado do social o xustificante acreditativo de ter depositado no Banco de Bilbao Vizcaya, oficina principal desta cidade, na conta corrente deste xulgado número identificador 5.605, clave 60, a cantidade obxecto da condena, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facerse consta-la responsabilidade solidaria do avalista, requisito este sen o cal poderá terse por anunciado o recurso e quedará firme a sentencia. Debendo consignar ademáis a cantidade de 25.000 pesetas na mesma conta coa clave 65, entregándose o xustificante na secretaría ó tempo
de interpoñe-lo recurso declarándose este desistido de non constituírse o dito depósito na forma indicada, definitivamente xulgando, en primeira instancia, o pronúncio, o mando e o asino.
Así, por esta miña sentencia, do que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento. Xulgando, o pronuncio, o mando e o asino».
E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Abruñedo, S.L. expido e asino esta cédula na Coruña o vintenove de novembro de dous mil dous.
O secretario xudicial
Rubricado