Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Martes, 21 de xaneiro de 2003 Páx. 752

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación definitiva do proxecto de urbanización da U.A.6 Galindra (expediente 4361/401).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión do 5 de decembro de 2002, adoptou entre outros o acordo de aprobar definitivamente o proxecto de urbanización do polígono C-SU-UA-6-Galindra, promovido por Cysugal, S.A., redactado polos arquitectos José Antonio González González e Emilio Estévez Fernández, visado polo COAG nos días 8-5-2002 e 10-9-2002. (Expediente 4361/401).

Contra o devandito acordo, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse un dos seguintes recursos:

a) Recurso potestativo de reposición ante o Consello da Xerencia do Concello de Vigo no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio.

b) Recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio, de acordo co artigo 8 da Lei 29/1988, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

De conformidade co artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por medio do presente anuncio, e publicación no taboleiro de edictos do concello, notifícase

o acordo que nel se contén a tódolos propietarios afectados descoñecidos, de ignorado enderezo, respecto dos cales non se puido practica-la notificación intentada.

Vigo, 19 de decembro de 2002.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia

Municipal de Urbanismo