Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Martes, 21 de xaneiro de 2003 Páx. 751

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación inicial da delimitación de polígono entre as rúas San Xoán e Padre Celso (expediente 4403/401).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión do 28 de novembro de 2002, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar inicialmente, coas finalidades sinaladas na parte expositiva do presente acordo, a delimitación dun polígono de 3.195,82 m de superficie, entre as rúas San Xoán e Padre Celso, integrado polas parcelas que se citan no anexo.

Segundo.-Aprobar inicialmente a determinación do sistema de compensación como sistema de actuación no polígono que se vai delimitar.

Terceiro.-Sométase o expediente a información pública na forma legalmente prevista, xustificada que sexa a condición de propietarios dos que figuran como tales no expediente e notifíqueselles a estes o presente acordo.

O trámite de información pública será establecido polo prazo de vinte días contados desde o seguinte ó da publicación no DOG. A documentación atópase na oficina de información da Xerencia Municipal de Urbanismo ó dispor do público, planta baixa do edificio da xerencia.

O presente anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das

administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou ignorando o seu enderezo, non poidan ser notificados persoalmente.

Vigo, 5 de decembro de 2002.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo

ParcelaRef. CatastralLocalizaciónPropietario (segundo IBI)

Domicilio

148658/22R/ Padre Celso nº 17Cologa Vigo, S.L.

R/ Espedrigada nº 13, 6ºB

248658/21R/ Padre Celso nº 23Cologa Vigo, S.L.

R/ Espedrigada nº 13, 6ºB

348658/10R/ San Xoán nº 16Cologa Vigo, S.L.

R/ Espedrigada nº 13, 6ºB

448658/08R/ San Xoán nº 16Cologa Vigo, S.L.

R/ Espedrigada nº 13, 6ºB

548658/20R/ Padre Celso nº 23Cologa Vigo, S.L.

R/ Espedrigada nº 13, 6ºB

648658/19R/ Padre Celso nº 23Cologa Vigo, S.L.

R/ Espedrigada nº 13, 6ºB

748658/09R/ San Xoán nº 16 BCologa Vigo, S.L.

R/ Espedrigada nº 13, 6ºB

848658/04R/ San Xoán nº 8Cologa Vigo, S.L.

R/ Espedrigada nº 13, 6ºB

948658/03R/ San Xoán nº 6Lucía Baptista Dario

R/ San Xoán nº 6