Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Martes, 21 de xaneiro de 2003 Páx. 751

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de aprobación definitiva da modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Urbana (PXOU) nos ámbitos do solo urbanizable non programado número 11 (SUNP-11)-O Castiñeiriño, número 12 (SUNP-12)-Lamas de Abade e número 36 (SUNP-36)-A Pulleira.

O Pleno do Concello de Santiago de Compostela, en sesión do 31 de outubro de 2002, aprobou defi

nitivamente a modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Urbana (PXOU) nos ámbitos do solo urbanizable non programado número 11 (SUNP-11)-O Castiñeiriño, número 12 (SUNP-12)-Lamas de Abade e número 36 (SUNP-36)-A Pulleira, redactada polos servicios técnicos municipais.

De conformidade co disposto no artigo 48.2º da Lei do solo de Galicia, publicouse no BOP número 288, do 17 de decembro de 2002, o texto íntegro da normativa.

Contra o acordo de aprobación definitiva poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio; alternativamente, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o Pleno do Concello no prazo dun mes, contado desde a mesma data.

De conformidade co previsto no artigo 107.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a normativa urbanística ou ordenanzas reguladoras só se poderán impugnar directamente perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 17 de decembro de 2002.

Xosé A. Sánchez Bugallo

Alcalde