Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Martes, 21 de xaneiro de 2003 Páx. 751

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NAVIA DE SUARNA

INFORMACIÓN pública.

Sometido a coñecemento do Pleno do Concello o avance do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Navia de Suarna, de conformidade co disposto no artigo 41.1º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, o devandito avance sométese a información pública polo prazo dun mes, contados desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, durante o cal as entidades e particulares poderán suxerir canto consideren oportuno e presenta-las propostas e convenios urbanísticos que coiden procedentes.

Navia de Suarna, 16 de decembro de 2002.

Vicente Flores González

Alcalde