Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Martes, 21 de xaneiro de 2003 Páx. 752

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

AXENCIA TRIBUTARIA

EDICTO do 11 de decembro de 2002, da Dependencia Rexional de Inspección de Galicia, de notificación de providencia de constrinximento.

De conformidade co que establece o artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, modificada polo artigo 28 da Lei 66/1997, do 30 de decembro (BOE nº 313, do 31 de decembro), de medidas fiscais, administrativas e da orde social, e tentada a notificación ó interesado ou ó seu representante por dúas veces, sen que fose posible facela por causas imputables á Administración tributaria, ponse de manifesto, mediante este anuncio, que se atopan pendentes de notificar os actos, dos que o interesado, número de expediente e procedementos se especifican.

En virtude do anterior dispoño que os suxeitos pasivos, obrigados tributarios ou os seus representantes debidamente acreditados deberán comparecer no prazo de dez días, contados desde o seguinte ó da publicación desta resolución no boletín oficial que corresponda, de luns a venres, en horario das 9 ás 14 horas, no lugar que para cada un se sinala, para o efecto de practica-la notificación do citado acto.

Así mesmo, advírteselles ós interesados que, de non comparecer no citado prazo, a notificación entenderase producida para tódolos efectos legais desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Interesado: Comercial Oula, S.A.

NIF: A36033512.

Procedemento:-Notificación resolución expediente sancionador modelo 347/2000.-Liquidación provisional e apertura expediente sancionador modelo 190/2001.

Órgano de tramitación: Dependencia Rexional de Inspección (URGGE).

Lugar de comparecencia: AEAT Galicia URGGE, r/ Comandante Fontáns, 10-5º, 15003 A Coruña.

A Coruña, 11 de decembro de 2002.

Dolores Sánchez Rodríguez

Xefa da Dependencia Rexional de Inspección