Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Martes, 21 de xaneiro de 2003 Páx. 748

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 27 de novembro de 2002, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai pública a modificación dos estatutos da Federación de Banca, Aforro, Seguros e Oficinas da Confederación Intersindical Galega.

En cumprimento do disposto no artigo 4 da Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral se presentou, o día 20 de novembro de 2002, a acta do III congreso da Federación de Banca, Aforro, Seguros e Oficinas da Confederación Intersindical Galega, que tivo lugar en Allariz o 1 de decembro de 2001, na que se recollen as modificacións estatutarias aprobadas no referido congreso, e que consisten nunha nova redacción dos estatutos.

Asinan a acta do III congreso da Federación de Banca, Aforro, Seguros e Oficinas da Confederación Intersindical Galega, Xaime Costas Fernández, en calidade de presidente, e catro persoas máis.

Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2002.

Pilar Cancela Rodríguez

Directora xeral de Relacións Laborais