Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Martes, 21 de xaneiro de 2003 Páx. 748

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 17 de decembro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a incoación do expediente sancionador PO-EN-2002/29.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º, da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona a incoación do expediente sancionador, por infracción á Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza.

Que así mesmo, designo instructora do expediente a Pilar Pita Ponte e secretaria a Rosa María Siota Diéguez.

O que se notifica para os efectos previstos no artigo 29 da devandita Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, podendo recusalo en calquera momento do expediente por algunha das causas previstas no artigo 28 da citada lei.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, o denunciado disporá dun prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para formula-las alegacións, achegar documentos ou achega-las probas que conveñan ó seu dereito, advertíndolle que de non efectuar ningunha alegación no prazo fixado, estes acordos de incoación poderán ser considerados propostas de resolución, de darse

os supostos previstos no artigo 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9 de agosto).

Pontevedra, 17 de decembro de 2002.

José Antonio López Rodríguez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: PO-EN-2002/29.

Denunciado: Wenceslao Salgueiro Cacabelos, enderezo: avda. Portugal, nº 24-4º do Grove (Pontevedra).

DNI: 35256237-X.

Feitos denunciados: altera-las condicións dun espacio natural protexido. Cando se realizaba servicio do corpo, pola demarcación desta unidade, obsérvase a presencia dun individuo na zona protexida do Vao, observando que se encontra cavando cunha aixada na area da dita zona, entrevistados con el, pregúntaselle o motivo de encontrarse na dita zona, manifestando que se encontra extraendo verme mariño. É informado de que na dita zona non está permitido ningún tipo de extracción, dando conta á autoridade competente.

Feitos denunciados o día 21 de agosto de 2002 ás 9.40 horas, no Complexo Intermareal de Umia-Istmo do Vao (praia da Lanzada), no termo municipal do Grove.

Data do acordo da incoación: 28-10-2002.

Precepto infrinxido: artigo 62 da Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza.

Precepto sancionador: artigo 71 da Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza.

Sanción: 60,10 euros.