Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Martes, 21 de xaneiro de 2003 Páx. 736

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 13 de xaneiro de 2003, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as relacións provisionais de admitidos e excluídos no proceso selectivo para o ingreso no corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia (grupo C), escala de titulados náutico-pequeiros de vixilancia pesqueira (patróns, mecánicos e mecamares).

De conformidade co establecido no artigo 12 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e na base I.4 das que rexen o proceso selectivo convocado pola orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 29 de novembro de 2001, publicada no Diario Oficial de Galicia número 239, do 12 de decembro, modificada pola orde da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, do 16 de abril de 2002, publicada no Diario Oficial de Galicia número 80, do 25 de abril, esta dirección xeral,

RESOLVE:

Aproba-las listas provisionais de admitidos e excluídos no proceso selectivo para o ingreso no corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia (grupo C), escala de titulados náutico-pesqueiros de

vixilancia pesqueira (patróns, mecánicos e mecamares).

As listas de aspirantes admitidos estarán expostas nos taboleiros de anuncios da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública e nos das súas delegacións provinciais, no Servicio de Información do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Vigo, e nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia.

Para efectos de información, o teléfono de contacto é o 902 12 00 12 en horario de 9 a 19 horas, de luns a venres, e de 9 a 14 horas os sábados.

Así mesmo, publícanse as listas de excluídos, que figuran como anexo a esta resolución.

Os aspirantes excluídos disporán dun prazo de dez días, contados a partir do seguinte ó da publicación da presente resolución, para corrixi-lo defecto que motivase a exclusión.

Os aspirantes que dentro do prazo sinalado non corrixan os defectos motivo da exclusión serán definitivamente excluídos.

Os aspirantes que non figuren na lista de admitidos nin na de excluídos disporán do mesmo prazo, co obxecto de formular reclamación.

Santiago de Compostela, 13 de xaneiro de 2003.

Belén Prado Sanjurjo

Directora xeral da Función Pública

ANEXO

Relación provisional de excluídos no corpo

de axudantes facultativos da Xunta de Galicia (grupo C), escala de titulados náutico-pesqueiros

de vixilancia pesqueira

Patróns

Promoción interna.

NomeDNIExclusión

Mariño Santamaría, Juan Ventura76504409-S55

Suárez Vidal, Pedro Luis33272548-N55

Acceso libre.

NomeDNIExclusión

Benítez Sánchez, José Antonio52927596-L20, 34

Sar Barrientos, Francisco Manuel32790029-X55

Vilas Lemos, Francisco36068389-L55

Villar Martínez, Pablo36060264-J55

Mecánicos

Acceso libre.

NomeDNIExclusión

Aspilche Corton, Alfredo32356683-F55

Carnes Mariño, Juan Manuel52451350-B21, 53

Devesa Souto, Francisco Antonio32832144-N55

Estévez Portela, Manuel52492236-A55

Miranda González, José María52451520-C53

Núñez Mariño, Camilo52458194-R10, 53

Pena Gómez, Paul76969027-X55

Trillo Quintáns, José32778539-C20, 55

Causas de exclusión:

10 Instancia fóra de prazo.

20 Taxas non aboadas.

21 Importe taxas ingresadas inferior ó estipulado.

34 Instancia incorrecta (instancia non orixinal).

53 Falta de DNI ou DNI incorrecto.

55 Non cumprir ou non acredita-lo requisito de titulación.