Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Martes, 21 de xaneiro de 2003 Páx. 737

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 15 de xaneiro de 2003, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as relacións provisionais de aspirantes admitidos e excluídos no proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), escala de letrados.

De conformidade co establecido no artigo 12 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e na base I.4.1 das que rexen o proceso selectivo convocado pola orde da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública do 11 de novembro de 2002, publicada no Diario Oficial de Galicia número 224, do 20 de novembro, esta dirección xeral

RESOLVE:

Aproba-las listas provisionais de admitidos e excluídos no proceso selectivo para o ingreso no

corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), escala de letrados.

As listas de aspirantes admitidos estarán expostas nos taboleiros de anuncios da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública e nos das súas delegacións provinciais, no Servicio de Información do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Vigo, e nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia.

Para efectos de información, o teléfono de contacto é o 902 12 00 12 en horario de 9 a 19 horas, de luns a venres, e de 9 a 14 horas os sábados.

Así mesmo, publícanse as listas de excluídos, que figuran como anexo a esta resolución.

Os aspirantes excluídos disporán dun prazo de dez días, contados a partir do seguinte ó da publicación da presente resolución, para corrixi-lo defecto que motivase a exclusión.

Os aspirantes que dentro do prazo sinalado non corrixan os defectos motivo da exclusión serán definitivamente excluídos.

Os aspirantes que non figuren na lista de admitidos nin na de excluídos disporán do mesmo prazo, co obxecto de formular reclamación.

Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 2003.

Belén Prado Sanjurjo

Directora xeral da Función Pública

ANEXO

Acceso libre.

NomeDNIDiscapacit.Exclusión

Barcia Casanova, Juan Carlos33269305-NNon55

Eiriz Lovelle, Jesús76619354-YNon10, 22, 53

Juesas Rodríguez, Mª Mercedes36096323-PNon32

Vidal Pardo, Francisco José33329560-FNon32

Causas de exclusión:

10 Instancia fóra de prazo.

22 Taxas aboadas fóra de prazo.

32 Non optar por ningún idioma comunitario.

53 Falta de DNI ou DNI incorrecto.

55 Non cumprir ou non acredita-lo requisito de titulación.