Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Martes, 21 de xaneiro de 2003 Páx. 736

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 13 de xaneiro de 2003, do tribunal designado para cualifica-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A), escala de arqueólogos, convocado pola Orde do 8 de outubro de 2001 (Diario Oficial de Galicia número 199, do 15 de outubro), pola que se ordena a publicación da proposta de relación de aspirantes que superaron o citado proceso.

En sesión do día 13 de xaneiro de 2003, o tribunal designado para xulga-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A), escala de arqueólogos, convocado pola Orde do 8 de outubro de 2001, acordou, de conformidade coa base IV da citada convocatoria, publi

ca-la proposta de aspirantes que superaron, por orde de puntuación, as citadas probas na quenda de acceso libre.

Así mesmo, tal e como dispón a mencionada base IV, acordouse eleva-la citada proposta á directora xeral da Función Pública.

A orde de puntuación dos aspirantes establécese de acordo coa suma das puntuacións obtidas na fase de concurso e na fase de oposición, tal e como dispón a base II.2.5 da convocatoria, e é a que figura no anexo I, que se xunta a esta resolución.

Santiago de Compostela, 13 de xaneiro de 2003.

María Jesús Tallón Nieto

Presidenta do tribunal

ANEXO

Escala de arqueólogos

Acceso libre.

DNIPrimeiro apelidoSegundo apelidoNomeExame 1Exame 2Exame 3Exame 4ConcursoTotal

35285770-KPenedoRomeroRafael1415Apto5.517.552

33259387-FMariñoDomínguezMª del Carmen10.813Exenta6.510.841.1