Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Martes, 21 de xaneiro de 2003 Páx. 664

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ORDE do 15 de xaneiro de 2003 pola que se dictan instruccións sobre a confección de nóminas do persoal ó servicio da Administración autonómica para o ano 2003.

A Lei 6/2002, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2003, fixa a contía das retribucións para o dito exercicio correspondentes ós funcionarios incluídos no ámbito de aplicación da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia.

Coa finalidade de facilita-la confección das nóminas que se elaborarán para aboa-las mencionadas retribucións, máxime despois da modificación da estructura das pagas extraordinarias prevista na citada lei, esta consellería considera oportuno dicta-las seguintes instruccións, que se limitan a aplica-lo disposto na dita disposición e nas precedentes polo que respecta ás súas normas de vixencia indefinida, así como nas demais normas reguladoras do réxime retributivo do persoal ó servicio da Administración autonómica.

Por todo isto, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Instruccións sobre a contía das retribucións dos funcionarios públicos que desempeñan postos de traballo para os que o Consello da Xunta de Galicia aprobou a aplicación do réxime retributivo previsto na Lei 4/1988.

1. A contía das retribucións dos altos cargos da Administración da Comunidade Autónoma, dos membros do Consello de Contas de Galicia así como

as dos altos cargos do Consello Consultivo de Galicia aprobadas no artigo 13 da citada Lei de orzamentos para o ano 2003, é a que se reflicte no anexo I desta orde.

Os altos cargos ós que se refire o punto dous da disposición adicional décimo segunda, da Lei 6/2002, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2003, percibirán ademais, nos meses de xuño e decembro, un importe adicional nas contías que, así mesmo, se reflicten no dito anexo.

2. Con efectos económicos do 1 de xaneiro do ano 2003, os funcionarios públicos que desempeñen postos de traballo para os que o Consello da Xunta de Galicia aprobou a aplicación do réxime retributivo previsto na Lei 4/1988, do 26 de maio, percibirán as retribucións básicas e o complemento de destino nas contías que se detallan nos anexo II e IV desta orde.

As pagas extraordinarias dos funcionarios en servicio activo ós que resulte de aplicación o réxime retributivo da Lei 4/1988 terán un importe cada unha delas dunha mensualidade de soldo e trienios e un 20% do complemento de destino mensual que perciban, do que a súa contía se sinala no anexo III.

3. Polo que respecta ós complementos específicos, a súa contía experimentará un incremento do 2% respecto da aprobada para o exercicio de 2002, sen prexuízo, se é o caso, do previsto no artigo 11.Un da Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o ano 2003.

En consecuencia, a contía dos citados complementos será a que figura na táboa que se detalla no anexo V desta orde.

4. As contías das retribucións do persoal docente non universitario establecidas por acordos do Consello da Xunta de Galicia, do 16 de xaneiro de 1992 e 23 de xaneiro de 1992, son as que se reflicten no anexo VI desta orde. Así mesmo, e por Decreto 120/2002, do 22 de marzo, regúlase a consolidación parcial do complemento específico dos directores dos centros escolares públicos. A porcentaxe de consolidación relaciónase no citado anexo VI.

De igual maneira e con respecto ás pagas extraordinarias deste persoal, seralles de aplicación o establecido no punto dous parágrafo segundo destas instruccións e nas contías sinaladas así mesmo no anexo III.

5. Os complementos persoais e transitorios recoñecidos en cumprimento do disposto no artigo 10.1º da Lei 13/1988, do 30 de decembro, serán absor-

bidos por calquera mellora retributiva, incluídas as derivadas do cambio de posto de traballo.

Para os efectos da absorción prevista no parágrafo anterior, en ningún caso se considerarán os trienios, o complemento de productividade nin as gratificacións por servicios extraordinarios e só se computarán no 50% do seu importe as melloras retributivas derivadas do incremento das retribucións de carácter xeral establecidas no artigo 11 da Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2003, entendendo que teñen este carácter o soldo referido a catorce mensualidades, o complemento de destino e o complemento específico.

Segundo.-Devengo de retribucións.

1. A diferencia, en cómputo mensual, entre a xornada regulamentaria de traballo e a efectivamente realizada polo funcionario dará lugar, salvo xustificación, á correspondente deducción proporcional de haberes.

Para o cálculo do valor hora aplicable á dita deducción tomarase como base a totalidade das retribucións íntegras mensuais que perciba o funcionario dividida entre o número de días naturais do correspondente mes e, pola súa vez, este resultado polo número de horas que o funcionario teña obriga de cumprir, de media, cada día.

No caso de toma de posesión no primeiro destino, no de cesamento no servicio activo, no de licencias sen dereito a retribución e, en xeral, nos supostos de dereitos económicos que normativamente deban liquidarse por días, ou con reducción ou deducción proporcional de retribucións, deberá aplicarse o sistema de cálculo establecido no parágrafo anterior.

2. Cando, con suxeición á normativa vixente, o funcionario realice unha xornada inferior á normal, a contía das súas retribucións determinarase na forma prevista nas normas dictadas para a aplicación do réxime retributivo a que estea suxeito.

a) Os funcionarios que realicen unha xornada de traballo diminuída en 1/3 ou en 1/2, de acordo co disposto no artigo 70 f) da Lei 4/1988, do 26 de maio, modificado pola Lei 3/1995, do 10 de abril, e pola Lei 2/1998, do 8 de abril, experimentarán unha reducción de 1/3 ou 1/2, respectivamente, sobre a totalidade das súas retribucións básicas e complementarias, con inclusión dos trienios.

Para o cálculo do valor hora aplicable á dita reducción nas pagas ordinarias, tomarase como base a totalidade das retribucións íntegras mensuais que perciba o funcionario dividida entre o número de días naturais do correspondente mes e, pola súa vez,

este resultado polo número de horas que o funcionario teña a obriga de cumprir, de media, cada día.

O importe total da paga extraordinaria afectada por un período de tempo en xornada reducida será o correspondente á suma dos respectivos importes de cada un dos dous períodos, con e sen reducción de xornada, dos seis meses computables nas ditas pagas, segundo o seguinte sistema de cálculo:

Para o período, ou períodos, non afectados pola reducción de xornada pero incluídos nos seis meses anteriores ó seu devengo, sobre o dito devengo cando o número de días é inferior ó do total computable nela, dividirase a contía da paga extraordinaria que, na data do 1 de xuño ou 1 de decembro, segundo os casos, se devengaría na xornada completa por un período de seis meses, entre cento oitenta e dous (cento oitenta e tres en anos bisestos) ou cento oitenta e tres días, respectivamente, multiplicando este resultado polo número de días nos que se prestase servicio sen reducción de xornada.

Para o período, ou períodos, afectados pola xornada reducida, aplicarase o mesmo sistema de cálculo anterior pero tomando como dividendo a citada contía reducida de forma proporcional á propia reducción de xornada.

b) Ós restantes tipos de xornada reducida, se é o caso, aplicaráselle-la reducción de retribución establecida na súa normativa específica.

3. As retribucións básicas e complementarias que se teñan dereito a percibir con carácter fixo e periodicidade mensual faranse efectivas por mensualidades completas e con referencia á situación e dereitos do funcionario referidos ó primerio día hábil do mes a que correspondan, agás nos seguintes casos, en que se liquidarán por días:

a) No mes de toma de posesión do primeiro destino na Comunidade Autónoma nun corpo ou escala, no de reingreso ó servicio activo e no de incorporación por conclusión de licencias sen dereito a retribución.

b) No mes de iniciación de licencias sen dereito a retribución.

c) No mes en que se cese no servicio activo na Comunidade Autónoma, agás que sexa por motivos de falecemento, xubilación ou retiro de funcionarios suxeitos ó réxime de clases pasivas do Estado e, en xeral, a calquera réxime de pensións públicas que se devenguen por mensualidades completas desde o primeiro día do mes seguinte ó do nacemento do dereito.

4. As pagas extraordinarias devengaranse o primeiro día hábil dos meses de xuño e decembro e

con referencia á situación e dereitos do funcionario nas ditas datas, agás nos seguintes casos:

a) Cando o tempo de servicios prestados na Administración da Comunidade Autónoma ata o día en que se devengue a paga extraordinaria non comprenda a totalidade dos seis meses inmediatos anteriores ós meses de xuño ou decembro, o importe da paga extraordinaria reducirase proporcionalmente, computando cada día de servicios prestados no importe resultante de dividi-la contía da paga extraordinaria que na data do seu devengo lle correspondese por un período de seis meses entre cento oitenta e dous (cento oitenta e tres en anos bisestos) ou cento oitenta e tres días, respectivamente.

b) Os funcionarios en servicio activo que se encontren desfrutando de licencias sen dereito a retribución nas datas indicadas devengarán a correspondente paga extraordinaria, pero a súa contía experimentará a reducción proporcional prevista no parágrafo a) anterior.

c) No caso de cesamento no servicio activo na Comunidade Autónoma a última paga extraordinaria devengarase o día do cesamento e con referencia á situación e dereitos do funcionario na dita data pero en contía proporcional ó tempo de servicios efectivamente prestados, excepto que o cesamento sexa por xubilación, falecemento ou retiro dos funcionarios a que se refire o punto segundo 3 c); neste caso, os días do mes no que se produce o dito cesamento computaranse como un mes completo.

Para os efectos previstos nesta orde, o tempo de duración de licencias sen dereito a retribución non terá a consideración de servicios efectivamente prestados.

Se o cesamento no servicio activo se produce durante o mes de decembro, a liquidación da parte proporcional da paga extraordinaria correspondente ós días transcorridos do dito mes farase de acordo coas contías das retribucións básicas vixentes nel.

O persoal que preste servicios na Comunidade Autónoma percibirá as pagas extraordinarias segundo os servicios efectivamente prestados nela, computándose para estes efectos como se tódolos servicios prestados polo funcionario na Comunidade Autónoma fosen na última consellería, organismo ou centro ó que estivese adscrito e en situación de activo o primeiro día hábil dos meses de xuño ou decembro.

Terceiro.-Descontos.

1. No ano 2003, a porcentaxe de cotización que se lles aplicará ós mutualistas das mutualidades xerais de funcionarios será do 1,69% sobre a base de cotización establecida como haber regulador para efectos de cotización de dereitos pasivos.

No anexo VII desta orde exprésanse as cotas mensuais de cotización dos funcionarios á Mutualidade Xeral de Funcionarios Civís do Estado (Muface) e do persoal da Administración de Xustiza (Mugeju), que corresponden ó tipo do 1,69%.

2. As cotas de dereitos pasivos que os habilitados de persoal deben reter en nómina cada mes, continuarán sendo do 3,86% dos haberes reguladores pasivos que fixa a Lei de orzamentos xerais do Estado para o ano 2003, de modo que para tódolos funcionarios do mesmo corpo, escala, emprego ou categoría, calquera que sexa a súa antigüidade no servicio das administracións públicas, a cota supón unha cantidade única e idéntica.

Estas cantidades, en cómputo mensual, reflíctense, así mesmo, no anexo VII desta orde.

O persoal funcionario que estivese suxeito ó réxime xeral da Seguridade Social, continuará cotizando de acordo con este sistema.

3. As cotas de dereitos pasivos e de cotización dos mutualistas ás mutualidades xerais de funcionarios correspondentes ás pagas extraordinarias, reduciranse na mesma proporción en que se minoren as ditas pagas como consecuencia de aboarse estas en contía proporcional ó tempo de servicios efectivamente prestados, calquera que sexa a data do seu devengo.

As cotas ás que se refire o parágrafo anterior ó igual que as correspondentes ás pagas ordinarias dos períodos de tempo nos que se desfruten licencias sen dereito a retribución non experimentarán reducción na súa contía.

4. O disposto nos números anteriores enténdese sen prexuízo das reduccións que deba experimenta-la cota de dereitos pasivos nos supostos en que así proceda por xornada reducida ou a tempo parcial.

Cuarto.-Outras instruccións.

1. Con efectos económicos do 1 de xaneiro de 2003, o persoal laboral incluído no ámbito de aplicación do IV convenio colectivo único percibirá o salario base, antigüidade e pagas extraordinarias nas contías que se detallan no anexo VIII, nas que se incorporou a cantidade que, de acordo co establecido no parágrafo terceiro do punto un parágrafo terceiro da disposición adicional décimo segunda, da Lei 6/2002, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2003, fai posible a aplicación a el dunha contía anual equivalente á que resulte para os funcionarios públicos.

O complemento de singularidade do posto deste persoal será o que figura, se é o caso, nas relacións

de postos de traballo aprobadas polos respectivos acordos do Consello da Xunta de Galicia.

2. Os complementos persoais e transitorios e demais retribucións que teñan análogo carácter rexeranse pola súa normativa específica e polo disposto na Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o ano 2003.

3. Os funcionarios interinos incluídos no ámbito de aplicación da Lei 4/1988 percibirán as retribucións básicas, excluídos trienios, correspondentes ó grupo en que estea incluído o corpo no que ocupen vacante, e as retribucións complementarias que correspondan ó posto de traballo que desempeñen, excluídas as que, se é o caso, estean vinculadas á condición de funcionario de carreira.

As pagas extraordinarias dos funcionarios interinos, ós que resulte de aplicación o réxime retributivo da Lei 4/1988, terán un importe, cada unha delas, dunha mensualidade de soldo e un 20% do complemento de destino mensual que perciba, de acordo coas contías que se sinalan no anexo III.

O complemento de productividade poderá atribuírselles, se é o caso, ós funcionarios interinos ós que se refire o parágrafo anterior, así como ó persoal eventual e ós funcionarios en prácticas cando estas se realicen desempeñando un posto de traballo e estea autorizada a aplicación do devandito complemento ós funcionarios de carreira que desempeñen análogos postos de traballo, agás que o dito complemento estea vinculado á condición de funcionario de carreira.

4. As retribucións do persoal contratado administrativo ás que se refire a disposición transitoria décima da Lei 4/1988, do 26 de maio, introducida pola Lei 4/1991, do 8 de marzo, mentres non se conclúa o proceso de extinción previsto na dita lei, serán as mesmas que viñan percibindo no ano 2002, incrementadas no 2%.

De igual maneira e con respecto ás pagas extraordinarias do persoal contratado administrativo, terán un importe, cada unha delas, dunha mensualidade de soldo e un 20% do complemento de destino mensual que perciba, de acordo coas contías que se reflicten no anexo III.

5. De conformidade co disposto no artigo 19.un da Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2003, cando non sexan de aplicación as retribucións establecidas no artigo 16 da dita lei, estas veranse incrementadas no 2% con relación ás devengadas no ano 2002.

6. Os funcionarios de carreira que cambien de posto de traballo na Comunidade Autónoma, excepto nos casos previstos na letra a) do artigo 15 da

Lei 13/1988, terán dereito durante o prazo de toma de posesión á totalidade das retribucións tanto básicas como complementarias, de caracter fixo e periodicidade mensual.

Para a aplicación do disposto na presente orde, no caso de que o termo do dito prazo se produza dentro do mesmo mes en que se efectuou o cesamento, as citadas retribucións faraas efectivas a dependencia que dilixencie o dito cesamento e, de conformidade co disposto no referido artigo 15, por mensualidade completa e de acordo coa situación e dereitos do funcionario referidos ó primeiro día hábil do mes no que se produza o cesamento. Se, polo contrario, o dito termo recaera en mes distinto ó de cesamento, as retribucións do primeiro mes faranse efectivas da forma indicada e as do segundo aboaraas a dependencia correspondente ó posto de traballo ó que se accede, así mesmo, por mensualidade completa e na contía correspondente ó posto en que se tomou posesión, sen prexuízo do disposto nas letras b) e c) do citado artigo 15 da Lei 13/1988.

7. Os titulares de postos de traballo que se supriman nas relacións de postos continuarán percibindo, ata que sexan nomeados para desempeñar outros postos de traballo e durante un prazo máximo de tres meses contados a partir da data en que produciu efectos económicos a citada supresión, co carácter de á conta do que lle corresponda polo novo posto de traballo, as retribucións complementarias correspondentes ó posto suprimido, sen que proceda ningún reintegro, no caso de que as cantidades percibidas á conta foran superiores.

8. As referencias contidas na normativa vixente relativas a haberes líquidos para os efectos do cálculo dos anticipos reintegrables a funcionarios, entenderanse sempre feitas ás retribucións básicas e complementarias que estes perciban nos seus importes líquidos.

9. No caso de adscripción, durante o ano 2003, dun funcionario suxeito a un réxime retributivo distinto do correspondente ó posto de traballo ó que se adscriba, este percibirá as retribucións que correspondan ó posto de traballo que desempeñe, logo da oportuna asimilación que deberá autoriza-la Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública por proposta da consellería interesada.

Só para os efectos da asimilación a que se refire o parágrafo anterior, a Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública poderá autorizar que a contía da retribución por antigüidade sexa a que proceda de acordo co réxime retributivo de orixe do funcionario.

10. A provisión de postos de traballo que vaia desempeña-lo persoal funcionario ou a formalización de novos contratos de persoal laboral fixo, así como

a modificación da categoría profesional destes últimos, requirirá que os ditos postos figuren detallados nas respectivas relacións de postos de traballo, e que o seu custo en cómputo anual estea dotado orzamentariamente ou, no seu defecto, o autorice a Consellería de Economía e Facenda.

En calquera caso, a provisión de postos de traballo de persoal funcionario requirirá a plena observancia do disposto na normativa vixente sobre incompatibilidades.

11. A alta en nómina do persoal laboral temporal e interino deberá, en todo caso, ir acompañada da autorización establecida artigo 26.tres, da Lei 6/2002, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2003.

12. As referencias relativas ás retribucións contidas nesta orde entenderanse sempre feitas a retribucións íntegras, agás no previsto no punto catro punto 8 dela.

13. As retribucións dos delegados provinciais e territoriais das consellerías serán idénticas ás dos subdirectores xerais da Xunta de Galicia e imputaranse ó concepto orzamentario 100.00 dentro do programa correspondente. Terán dereito a percibi-los trienios que puidesen ter recoñecidos como funcionarios e persoal ó servicio das administracións públicas.

14. As retribucións do persoal eventual experimentarán un incremento do 2% respecto das que viñan percibindo no ano 2002.

15. A disposición adicional quinta da Lei 5/2000, do 28 de decembro, de medidas fiscais e de réxime orzamentario e administrativo, no seu punto 1, crea a escala de profesores do Instituto Nacional de Educación Física de Galicia (INEF) como corpo superior, grupo A, da Administración xeral da Xunta de Galicia, coas competencias propias da función docente.

Por Acordo do Consello da Xunta do 10 de xaneiro de 2002 modifícase a RPT no sentido de transforma-los postos configurados como laborais en postos de persoal funcionario da escala de profesores do INEF de Galicia.

No anexo IX reflíctense as retribucións do citado persoal.

16. Así mesmo, e con efectos económicos do 1 de xaneiro do ano 2003, as retribucións do persoal que desempeñe algún posto de traballo no Servicio Galego de Saúde, Sergas, dos dotados no seu orzamento de gastos do presente ano, conforme o anexo de persoal correspondente, experimentarán un incremento do 2% respecto ás fixadas para o exercicio de 2002.

En consecuencia, as retribucións do persoal estatutario e persoal MIR, serán as que se detallan no anexo X da presente orde.

17. O persoal estatutario, sanitario non facultativo e non sanitario, ó que lle resulte de aplicación o acordo sobre aspectos retributivos e outras condicións de traballo, publicado pola Resolución conxunta do 26 de xaneiro de 1996 da Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde, percibirá o complemento de penosidade, responsabilidade e dificultade, modalidade de quendas, conforme o réxime previsto na devandita disposición e demais de desenvolvemento, nas contías que figuran no anexo XI.

Así mesmo, o complemento de penosidade, responsabilidade e dificultade ordinario correspondente ás categorías sinaladas no punto segundo 3) da devandita disposición, percibirase en función do réxime de quendas concorrente e nos importes sinalados no anexo XII.

18. O persoal estatutario das unidades e servicios de atención primaria ás que fai referencia o artigo 1 do Decreto 200/1993, do 29 de xullo, de ordenación de atención primaria na Comunidade Autónoma de Galicia, percibirá ademais das retribucións recollidas no anexo X, como complemento de productividade fixa, os importes correspondentes conforme os factores e criterios recollidos no punto a) do artigo 7 do Decreto 226/1996, do 25 de abril, polo que se regula o réxime retributivo do persoal das unidades e servicios de atención primaria e que figuran no anexo XIII.

19. As retribucións do persoal estatutario que percibe o seu salario polo sistema de cota experimentarán un incremento do 2% con respecto ás percibidas no ano 2002. Os premios de antigüidade correspondente ó persoal de cota e zona, rexeranse pola súa normativa específica. Os ditos premios de antigüidade faranse efectivos a partir do 1 de xaneiro do ano seguinte á data na que se complete o período de tres anos, necesarios para o seu perfeccionamento.

As pagas extraordinarias terán un importe, cada unha delas, dunha mensualidade de soldo e trienios e un 20% do complemento de destino mensual que perciba, do que a súa contía se sinala no anexo III.

20. O persoal que devenge o complemento de destino en catorce mensualidades, a contía adicional do 20% do parágrafo anterior, devengaraa sumando ó importe que se recolle no anexo X unha contía equivalente ó importe que figura no anexo III multiplicada por dous e dividida entre catorce.

21. As retribucións correspondes ó complemento de atención continuada serán as recollidas no anexo XIV.

22. O importe anual do conxunto das pagas extraordinarias do persoal pertencente á clase de sanitarios locais (APD), así como as do persoal que se retribúe polo sistema de cota e zona, experimentarán un incremento anual equivalente ó 0,71% das súas retribucións anuais fixas na súa contía e periódicas no seu vencemento, excluídos os conceptos derivados da antigüidade.

23. O importe anual conxunto das pagas extraordinarias do persoal laboral de institucións sanitarias do Servicio Galego de Saúde non suxeito ó Convenio Colectivo Único da Xunta de Galicia, así como do persoal residente en formación, experimentará un incremento anual equivalente ó 0,71% das súas retribucións anuais fixas na súa contía e periódicas no seu vencemento, excluídos os conceptos derivados da antigüidade, distribuído de conformidade co previsto na normativa que lle resulte de aplicación.

24. As pagas extraordinarias do persoal non recollido nos puntos anteriores experimentarán un incremento anual do 0,71% sobre as retribucións anuais fixas na súa contía e periódicas no seu vencemento, distribuido nas mensualidades de xuño e decembro.

25. A porcentaxe restante ata acada-lo sinalado na disposición adicional décimo primeira da Lei 6/2002, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2003, aplicarase con cargo ó Fondo para a Mellora e Modernización dos Servicios Públicos a que se refire a disposición adicional décima da citada lei.

26. As contías das indemnizacións por razón do servicio serán as reguladas no Decreto 144/2001, do 7 de xuño, sobre indemnizacións por razón do servicio ó persoal con destino na Administración autonómica de Galicia, coas súas correspondentes revisións se houbera lugar.

Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 2003.

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda

ANEXO I

Retribucións dos altos cargos

Contía anualContía adicional

xuño/decembro

a) Administración da Xunta de Galicia

Presidente76.753,56

Conselleiros63.204,48

Secretarios xerais, directores xerais e asimilados50.318,88223,92

b) Consello de Contas de Galicia

Conselleiro maior67.261,32

Contía anualContía adicional

xuño/decembro

Conselleiros63.204,48

c) Consello Consultivo de Galicia

Presidente67.261,32

Conselleiros63.204,48

ANEXO II

Funcionarios que desempeñan postos de traballo

para os que o Consello da Xunta de Galicia aprobou

a aplicación do réxime retributivo previsto

na Lei 4/1988, do 26 de maio

Retribucións básicas (contía mensual):

GrupoSoldoTrienio

A1.028,0539,50

B872,5431,60

C650,4223,72

D531,8315,85

E485,5211,89

As pagas extraordinarias devengaranse en igual contía, cada unha delas, igual á suma dunha mensualidade de soldo e trienios e a contía sinalada no anexo III, segundo o nivel do complemento de destino, agás nos casos previstos no punto segundo número 4 desta orde.

ANEXO III

Importe mensual a incorporar en cada paga

extraordinaria ós funcionarios incluídos no ámbito

de aplicación da Lei 4/1988, do 26 de maio

(equivalente ó 20% do complemento de destino)

Nivel de complemento de destinoContía mensual

30180,55

29161,95

28155,14

27148,33

26130,13

25115,45

24108,64

23101,84

2295,02

2188,22

2081,95

1977,76

1873,58

1769,39

1665,21

1561,03

1456,84

1352,66

1248,47

1144,29

1040,10

ANEXO IV

Funcionarios que desempeñan postos de traballo

para os que o Consello da Xunta de Galicia aprobou

a aplicación do réxime retributivo previsto

na Lei 4/1988, do 26 de maio

Complemento de destino:

Nivel de complemento de destinoContía mensual

30902,74

29809,74

28775,68

27741,62

26650,63

25577,25

24543,20

23509,16

22475,08

21441,08

20409,73

19388,80

18367,87

17346,94

16326,05

15305,11

14284,20

13263,26

12242,32

11221,42

10200,50

No ámbito da docencia universitaria, a contía do complemento de destino fixada no presente anexo será modificada nos casos en que así proceda de acordo coa normativa vixente, sen que iso implique variación do nivel de complemento de destino asignado ó posto de traballo.

ANEXO V

Nivel de complemento de destinoComplemento específico (mensual)

301.256,09

28 (A)923,58

28 (B)775,81

26738,88

25646,52

24572,63

22443,32

20332,50

18295,54

16277,09

14258,60

12240,14

10221,66

Os complementos específicos que a 31 de decembro de 2002 non tivesen a súa contía relacionada no presente anexo experimentarán un incremento do 2% a partir do 1 de xaneiro de 2003.

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA