Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Martes, 21 de xaneiro de 2003 Páx. 664

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL

DECRETO 24/2003, do 20 de xaneiro, polo que se dispón que cese Mª José Cimadevila Cea como secretaria xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

En virtude do establecido nos artigos 4.13º e 34.2º da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, por proposta do conselleiro de Xustiza, Interior e Administración Local e logo de deliberación do Consello da Xunta

de Galicia, na súa reunión do día vinte de xaneiro de dous mil tres,

DISPOÑO:

Que cese, por pase a outro destino, Mª José Cimadevila Cea como secretaria xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

Santiago de Compostela, vinte de xaneiro de dous mil tres.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Antonio Pillado Montero

Conselleiro de Xustiza, Interior

e Administración Local